EXO
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
EXO | |
---|---|
"We are one EXO, 사랑하자!" | |
Orixe | Corea do Sur |
Período | 2012-Actualidade |
Selo(s) discográfico(s) | SM Entertainment |
Membros | Suho, Kai, Baekhyun, Sehun, Chanyeol, Xiumin, Chen, Lay, D.O. |
EXO-K, EXO-M (inactivos), EXO-CBX, EXO-SC | |
Antigos membros | Luhan, Tao, Kris |
Na rede | |
https://www.smentertainment.com/artist/ | |
Exo (en hangul, 엑소; romanización revisada do coreano, Ekso; McCune-Reischauer, Ek'so, estilizado coma EXO) é un grupo musical surcoreano-chinés formado por SM Entertainment en 2011. Debutou en 2012 e actualmente está composto por nove membros: Xiumin, Suho, Lay, Baekhyun, Chen, Chanyeol, D.O., Kai e Sehun.
A súa música é lanzada e interpretada en coreano, mandarín e xaponés, incorporando principalmente xéneros coma dance pop, hip-hop, R&B, EDM, house ou trap. O grupo foi clasificado coma unha das celebridades máis influíntes na lista de celebridades máis poderosas de Forbes Korea de 2014 a 2018.
Historia
[editar | editar a fonte]Inicialmente, EXO debutou con doce integrantes divididos en dous subgrupos: EXO-K (Suho, Baekhyun, Chanyeol, D.O., Kai e Sehun) e EXO-M (Xiumin, Chen, Lay e os exintegrantes Kris, Luhan e Tao). Kris, Luhan e Tao deixaron o grupo tras demandar á súa empresa entre 2014 e 2015. En 2022, Lay deixou a compañía logo da expiración do seu contrato con SM Entertainment e firmou con SM coma socio. EXO-K e EXO-M interpretaron a súa música en coreano e mandarín respectivamente, ata o lanzamento de Overdose en 2014. Dende 2015, EXO preséntase oficialmente coma un grupo único, lanzando e interpretando música en varios idiomas. Chen, Baekhyun e Xiumin debutaron coma integrantes da subunidade EXO-CBX en 2016, mentres que Sehun e Chanyeol debutaron no subgrupo EXO-SC.
O primeiro álbum de EXO, XOXO (2013), lanzado xunto co sencillo «Wolf», foi un éxito comercial; vendendo máis dun millón de copias, convertendo a EXO no primeiro artista coreano en facelo en doce anos. Os seus lanzamentos posteriores tamén foron extremadamente exitosos, cada un dos seus álbums de estudio vendeu máis dun millón de copias. O sexto álbum do grupo, Don't Mess Up My Tempo (2018), converteuse no álbum coa mellor posición en Billboard 200, debutando en no posto n.º23, e o seu álbum máis vendido en Corea do Sur.
EXO gañou numerosos premios ao longo da súa carreira, incluídos cinco premios consecutivos coma «Álbum do ano» nos MAMA Awards e dous premios coma «Artista do ano» nos Melon Music Awards, e realizou máis de cen concertos e catro xiras. Ademais das súas actividades coma grupo, os integrantes teñen contratos publicitarios para marcas coma Nature Republic e Samsung e participan en actividades benéficas coma Smile For U, un proyecto en colaborativo de SM Entertainment e Unicef que comenzou en 2015.
Integrantes
[editar | editar a fonte]Activos[editar | editar a fonte]
Inactivos[editar | editar a fonte]
|
Antigos membros[editar | editar a fonte]
|
Liña de tempo
[editar | editar a fonte]Activo Inactivo Servizo militar Álbums de estudio
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: EXO |