Dumbo
Dumbo | |
---|---|
Rótulo do título na publicidade do filme. | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | Dumbo |
Director | Ben Sharpsteen |
Produtor | Walt Disney |
Guión | Otto Englander Joe Grant Dick Huemer |
Baseado en | Dumbo, de Helen Aberson e Harold Pearl |
Intérpretes | Edward Brophy Herman Bing Margaret Wright Sterling Holloway Cliff Edwards |
Música | Frank Churchill Oliver Wallace |
Estudio | Walt Disney Productions |
Distribuidora | RKO Radio Pictures |
Estrea | 1941 |
Duración | 64 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Animación Musical Drama |
Orzamento | $813.000 |
Na rede | |
https://d23.com/a-to-z/dumbo-film/ | |
Dumbo é un clásico filme de animación en Technicolor, baseado no libro homónimo de infantil por Helena Aberson e ilustrado por Harold Pearl, estreado o 23 de outubro de 1941, e distribuído por RKO Radio Pictures nas salas de cinema dos Estados Unidos. É o cuarto filme de animación producido por Walt Disney.
Características
[editar | editar a fonte]O personaxe principal é Jumbo Jr., un elefante antropomórfico que é cruelmente alcumado como Dumbo (en inglés, dumb significa tanto «mudo» como, despectivamente, «bobo»). É ridiculizado polas súas grandísimas orellas, aínda que descobre que pode voar usándoas como ás. O seu único amigo é o rato Timothy, parodiando o estereotipado terror dos elefantes cara aos roedores. Dumbo foi un exercicio deliberado de simplicidade e economía para o estudio Disney, actualmente considérase como un clásico da animación.
Sinopse
[editar | editar a fonte]As cegoñas chegan, como todos os anos, o circo para entregar os bebés ás súas respectivas mamás. A señora Jumbo, unha elefanta, descobre que o seu pequeno ten unhas orellas enormes; todas as súas compañeiras rinse do seu bebé, pero a señora Jumbo deféndelle sempre, ata o punto de ser encerrada por enfrontarse a todo aquel que se mofe do seu retoño. O pequeno Dumbo, maltratado e ridiculizado por todos os seus compañeiros, só conta coa axuda dun minúsculo rato chamado Timothy, que decide facer del unha estrela do circo.
Galardóns e nomeamentos
[editar | editar a fonte]O filme gañou un Oscar na categoría mellor banda sonora e foi nomeado na categoría de mellor canción, por Baby Mine. En 1947, Dumbo recibiu o premio ao mellor deseño animado no Festival de Cannes.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina web oficial (en inglés)
- Filmes de 1941
- Cine de animación
- Filmes en lingua inglesa
- Filmes dos Estados Unidos de América
- Filmes dirixidos por Jack Kinney
- Filmes dirixidos por Bill Roberts
- Filmes dirixidos por Norman Ferguson
- Filmes dirixidos por Ben Sharpsteen
- Filmes producidos por Walt Disney
- Filmes de Walt Disney Pictures
- Filmes sobre animais
- Filmes sobre elefantes
- Filmes ambientados en 1941
- Filmes preservados no National Film Registry