Diogo Cão
Diogo Cão chegando ao Reino do Congo | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | ca. 1440 Vila Real (probabelmente) |
Morte | ca. 1486 Río Congo (segundo se di) |
País de nacionalidade | portuguesa |
Q89547790 | ser o descubridor do Reino do Congo, primeiro contacto dos europeos con habitantes do territorio hoxe coñecido como Angola |
Actividade | |
Ocupación | navegante e explorador |
Empregador | Reino de Portugal |
Familia | |
Fillos | Pedro Cão Manuel Cão André Afonso Cão Isabel Cão |
Pai | Álvaro Fernandes ou Gonçalves Cão |
Descrito pola fonte | Encyclopædia Britannica Africa: An Encyclopedic Reference (en) , (vol:1) |
Diogo Cão, nado probabelmente en Vila Real[1] cara a 1440 e finado posibelmente no río Congo cara a 1486, foi un explorador e navegante portugués, un dos máis importantes da era dos descubrimentos. Fixo dúas viaxes navegando ao longo da costa oeste de África entre 1482 e 1486 ao servizo de Xoán II de Portugal. Foi o primeiro europeo coñecido que avistou a foz do río Congo e que o remontou nos seus quilómetros navegábeis, e en explorar a costa desde o cabo de Santa Catarina (Gabón), case no Ecuador, e o cabo Cross, preto de Walvis Bay, na costa da actual Namibia.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Pouco se sabe dos seus primeiros anos. Era fillo natural de Álvaro Fernandes ou Gonçalves Cão, fidalgo da Casa Real portuguesa.[2] Álvaro Fernandes o Gonçalves Cão, hidalgo de la Casa Real, el mesmo fillo ilexítimo de Gonçalo Cão. Sendo fillo de militar, entrou na mariña aos 14 anos, chegando a capitán en 1480.
Escudeiro da Casa de Xoán II de Portugal,[3] foi enviado por este a varias expedicións. Realizou dúas viaxes de descubrimento da costa suroeste africana, entre 1482 e 1486.
Chegou á foz do río Congo, que sinalou cun padrão ou piar de pedra (que aínda existe, pero só algúns fragmentos) erixido na punta Shark. Cão tamén navegou río arriba,[4] establecendo contacto co reino do Congo até ás fervenzas de Ielala, preto de da actual cidade de Matadi, o límite navegábel, onde erixiu outro padrão. A palabra Matadi significa "pedra" en lingua kikongo. A cidade está construída sobre empinados outeiros. Río arriba hai unha serie de covas, chamadas "rocha de Diogo Cão", nas que hai inscricións feitas polo explorador portugués en 1485 no padrão, para marcar o límite da súa viaxe remontando o río.
Na inscrición deste padrão pode lerse:
"Aquí chegaram os navios do esclarecido rei D. João II de Portugal – Diogo Cão, Pero Anes, Pero da Costa"
Cando chegou á foz do río Congo, Diogo Cão pensou que alcanzara o punto máis ao sur do continente africano (que realmente é o cabo da Boa Esperanza), que realmente foi dobrado por Bartolomeu Dias pouco tempo despois.
Estabeleceu as primeiras relacións co reino do Congo, e, en 1485, chegou ao por el denominado denominado cabo da Cruz (na actual Namibia).[5] Introduciu a utilización dos padrões de pedra, en lugar das cruces de madeira, para sinalar a presenza portuguesa nas zonas descubertas.
Recibiu a mercede dun Escudo de Armas por Carta de 14 de abril de 1484. As Armas que lle foran concedidas son: en verde, con dúas columnas de prata, rematadas cada uuha por uuha cruz en azur e firmadas sobre dous montes, moventes dun terreiro, todo da súa cor; timbre: as dúas columnas do escudo pasadas en aspa e atadas en verde.[6]
Segundo din algúns, Cão morreu contra 1486 no río Congo perseguindo un crocodilo.[Cómpre referencia]
Matrimonio e descendencia
[editar | editar a fonte]Ignórase con quen casou, pero tivo descendencia:
- Pedro Cão, que casou con Brites Figueira de Azevedo.
- Manuel Cão]], que casou con Helena Lobo Pinheiro de Lacerda.
- André Afonso Cão, Xeneral de Galeiras de Entre Douro e Miño, que casou con Genebra de Magalhães, irmá de Fernão de Magalhães.
- Isabel Cão, que casou con Baltazar Gonçalves Ferreira.
Nas artes
[editar | editar a fonte]Diogo Cão é citado en diversas obras artísticas, como nos Lusíadas, de Luís Vaz de Camões ou no poema Padrão na obra Mensagem de Fernando Pessoa. O navegante é tamén un personaxe na novela As Naus, de António Lobo Antunes.
Foi tamén o primeiro navegante que utilizou un padrão de pedra no acto da marcación.
Imprimíuse un billete de 1 angolar da Provincia Ultramarina de Angola, así como selos da metrópole e das colonias coa súa imaxe.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Placa conmemorativa sobre a suposta casa natal de Diogo Cão en Vila Real
-
Escudo de armas de Diogo Cão
-
Mapa de Pedro Reinel de 1504 que xa recolle as expedicións de Diogo Cão
-
O padrão de Diogo Cão no cabo Negro (foto de 1934)
-
Retrato de Diogo Cão, tal como aparece nun antiguo proxecto dun billete do escudo portugués
-
Efixie de Diogo Cão erguendo un padrão, no Monumento aos Descubrimentos (Padrão dos Descobrimentos), en Lisboa.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Algúns autores din que en Évora.
- ↑ "Nobiliário das Famílias de Portugal", Manuel José da Costa Felgueiras Gaio, Carvalhos de Basto, 2ª Edição, Braga, 1989, Vol. III, p. 174 (Cães).
- ↑ "Armorial Lusitano", Afonso Eduardo Martins Zúquete, Editorial Enciclopédia, 3.ª Edição, Lisboa, 1987, p. 129.
- ↑ Markham, Sir Clements Robert, ed. (1875): Discovery of the Course of the Congo. The Geographical magazine, Volume 2. London: Trübner & Co.
- ↑ Bailey W. Diffie & George D. Winius 1977, p. 156.
- ↑ "Armorial Lusitano", Afonso Eduardo Martins Zúquete, Editorial Enciclopédia, 3ª Edição, Lisboa, 1987, p. 136
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Bailey W. Diffie & George D. Winius (1977): Foundations of the Portuguese Empire, 1415–1580.Minneapolis, Minnesota, USA: University of Minnesota Press. ISBN 0-8166-0782-6.
- Barros, João de. Décadas da Ásia, Década I. bk. III., esp. cap. 3.
- Ruy de Pina, Chronica d'el Rei D. João II.
- Garcia de Resende, Chronica.
- Luciano Cordeiro (1892): Diogo Cão, en Boletim da Sociedade de Geografia de Lisboa.
- E. G. Ravenstein (1900): Voyages of Diogo Cão, & c., en Geog. Jnl. vol. XVI. Tamén en Geog. Jnl. XXXI, 1908.
- António da Costa de Albuquerque de Sousa Lara, 2º Conde de Guedes, Vasco de Bettencourt de Faria Machado e Sampaio & Marcelo Olavo Correia de Azevedo (1999): Ascendências Reais de Sua Alteza Real a Senhora Dona Isabel de Herédia Duquesa de Bragança, I, pelos Costados Herédia, Bettencourt e Meneses da Ilha da Madeira. Lisboa: Universitária Editora.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Diogo Cão (en inglés).
- Os descobrimentos portugueses: Diogo Cão e Bartolomeu Dias (texto e entrevista) (en portugués).