[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Destrutor

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Un destrutor é un buque de guerra rápido e manobrable deseñado para escoltar a barcos máis grandes nunha frota, convoi ou grupo de batalla e defendelos de atacantes máis pequenos e potentes. Os destrutores, orixinalmente chamados destrutores torpedeiros en 1982, desenvolvéronse en resposta á ameaza dos torpedeiros. O destrutor torpedeiro apareceu como unha clase diferente de buque de guerra cando o HMS Havock e o HMS Hornet foron comisionados na Royal Navy en 1894. No tempo da guerra ruso-xaponesa en 1904, os destrutores torpedeiros eran torpedeiros grandes, rápidos e poderosamente armados deseñados para destruír outros torpedeiros. Aínda que o termo destrutor ten sido usado indistintamente co termo destrutor torpedeiro polas mariñas dende 1892, este último xeralmente acurtouse a "destrutor" en case todas as mariñas da primeira guerra mundial.

Antes da segunda guerra mundial os destrutores eran barcos lixeiros con pouca resistencia para operacións oceánicas sen asistencia; normalmente un grupo de destrutores e un barco nutriz operaban xuntos. Despois da guerra, a chegada do mísil guiado permitíulle aos destrutores realizar funcións de combate que anteriormente realizaban os acoirazados e cruceiros. Isto levou a destrutores máis grandes e potentes máis capaces de operacións independentes.

A comezos do século XXI, os destrutores son os buques de combate máis pesados de uso xeral, con só tres nacións (os Estados Unidos, Rusia e o Perú) operando cruceiros máis pesados e ningunha operando acoirazados ou verdadeiros cruceiros de batalla. Os destrutores modernos son equivalentes en tonelaxe pero moi superiores en potencia de fogo aos cruceiros da segunda guerra mundial, capaces de levar mísiles nucleares.