[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Departamento de Apurímac

Modelo:Xeografía políticaDepartamento de Apurímac
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 14°10′00″S 72°45′20″O / -14.166666666667, -72.755555555556
EstadoPerú Editar o valor en Wikidata
CapitalAbancay Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación405.759 (2017) Editar o valor en Wikidata (19,42 hab./km²)
Lingua usadaLingua asháninka
Língua quíchua Ayacucho (pt) Traducir
Cusco quíchua (pt) Traducir
Eastern Apurímac Quechua (en) Traducir
Arequipa-La Unión Quechua (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie20.895,77 km² Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Xefe do gobernoWilber Venegas (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
ISO 3166-2PE-APU Editar o valor en Wikidata

BNE: XX458986

Apurímac é unha das 25 rexións do Perú. A súa capital é a cidade de Abancay.

Áchase na serra sur do país, na vertente oriental da Cordilleira dos Andes. Esta rexión ten unha superficie de 20,9 mil km² e o seu territorio é un dos máis escarpados do Perú. É mollado de norte a sur por varios ríos a través de profundos canóns até a súa unión co río Apurímac nunha das profundidades maiores da rexión.

Orixe do nome

[editar | editar a fonte]

O nome Apurímac provén do río homónimo que discorre polo seu límite oriental e setentrional. En quechua Apu Rimaq significa «o que fala cos señores [deuses]» ou «oráculo maior»."

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Apurímac está situado no sector sueste dos Andes centrais. Limita polo norte cos departamentos de Ayacucho e de Cuzco; polo sur con Arequipa; polo leste co departamento de Cuzco; e polo oeste co departamento de Ayacucho. A altitude media da rexión é de 2 900 msnm.

Maiormente temperado, cunha temperatura media de 15 °C nos vales. Raramente neva.

Accidentes xeográficos

[editar | editar a fonte]
  • Ríos: Apurímac, Santo Tomás, Chumbao, Pachachaca e Pampas
  • Lagoas: Hiullita en Chuquibambilla, Pacucha en Andahuaylas, Uspaccocha e Ankascocha en Abancay
  • Abras: Piste (a 4.800  msnm) en Aymaraes e Antabamba; Tunapita (a 4.350 msnm) en Aymaraes; Tablacruz (a 4.340 msnm) en Abancay.
  • Pongos: Apurímac (a 1.500 msnm) en Abancay e La Convención.
  • Nevados: Chancohuana Chico (5.331 msnm) e Tetón (5.300 msnm).

Provincias (capital)

[editar | editar a fonte]
  1. Abancay (Abancay)
  2. Andahuaylas (Andahuaylas)
  3. Antabamba (Antabamba)
  4. Aymaraes (Chalhuanca)
  5. Chincheros (Chincheros)
  6. Cotabambas (Tambobamba)
  7. Grau (Chuquibambilla)
Departamento de Apurímac.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]