[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Death Note (filme de 2017)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Death Note
Ficha técnica
Título orixinalDeath Note
DirectorAdam Wingard
Produtor
Guión
Baseado enDeath Note de Tsugumi Ohba e Takeshi Obata
Intérpretes
Música
FotografíaDavid Tattersall
MontaxeLouis Cioffi
Estudio
Distribuidora
Estrea25 de agosto de 2017
Duración100 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroSuspense
Na rede
https://www.netflix.com/pl/title/80122759
IMDB: tt1241317 Filmaffinity: 366363 Allocine: 146323 Rottentomatoes: m/death_note_2017 TCM: 2115415 Metacritic: movie/death-note Netlix: 80122759 Editar o valor en Wikidata

Death Note é un filme estadounidense de suspense de fantasía negra baseado no manga xaponés homónimo creado por Tsugumi Ohba e Takeshi Obata. Foi dirixido por Adam Wingard, producido por Roy Lee, Dan Lin e Masi Oka e escrito por Charles Parlapanides, Vlas Parlapanides e Jeremy Slater. Está protagonizado por Nat Wolff, Lakeith Stanfield, Margaret Qualley, Shea Whigham, Paul Nakauchi, Jason Liles e Willem Dafoe. O filme conta a historia dun mozo de instituto de Seattle chamado Light Turner, que atopa un misterioso caderno co nome "Death Note". Con el, descobre a existencia dun terrorífico deus da morte chamado Ryuk que lle ensina como empregar o caderno, xa que é quen de causar a morte de calquera cuxo nome estea escrito nel. Light decide usar o caderno con boas intencións, pero é perseguido por un espelido detective simplemente coñecido como L, que quere capturar a Light polas súas accións.

Foi estreado en Netflix o 25 de agosto de 2017. Recibiu críticas dispares e unha acollida negativa por parte da audiencia. Foi eloxiado pola escolla dos actores, particularmente pola interpretación de Dafoe, alén do seu director, estilo visual e atmosfera. Porén, o guión do filme foi especialmente criticado así como a escolla de actores brancos en papeis xaponeses.[1][2]

Personaxes

[editar | editar a fonte]
  1. Leon, Melissa (30 de setembro de 2015). The Daily Beast, ed. "Hollywood’s Anime Whitewashing Epidemic: Nat Wolff to Star in 'Death Note'". Consultado o 10 de abril de 2016. 
  2. Jaworski, Michelle (13 de novembro de 2015). The Daily Dot, ed. "'Death Note' whitewashing accusations grow as it casts female lead". Consultado o 10 de abril de 2016. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]