Darth Vader
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde decembro de 2014.) |
Este artigo ou sección describe un tema de ficción principalmente desde unha perspectiva ficticia. Por favor, revise o contido e reescriba o mesmo para explicar a ficción con claridade, desde a perspectiva do mundo real. |
Darth Vader é un personaxe de ficción e o antagonista principal da triloxía orixinal d'A guerra das galaxias (Star Wars). Anteriormente, Vader foi Anakin Skywalker, un lendario Cabaleiro Jedi. A primeira triloxía segue a Anakin no seu xurdimento heroico e a súa tráxica caída ao lado escuro da Forza, converténdoo en Vader.
Interpretacións
[editar | editar a fonte]Interpretouno David Prowse na triloxía orixinal, aínda que o especialista Bob Anderson foi quen realizou as escenas de loita con sabre de luz en The Empire Strikes Back e Return of the Jedi. O actor Sebastian Shaw realizou orixinalmente a interpretación do Vader descuberto en Return of the Jedi. Non obstante, parte da metraxe cambiouse na edición en DVD en 2004 saíndo Hayden Christensen na aparición de Vader como pantasma. James Earl Jones deulle a voz en toda a serie.
Historia
[editar | editar a fonte]Para axudar o seu novo mestre, Darth Sidious, a expandir o Imperio Galáctico, Darth Vader axudou a exterminar a todos os Jedi restantes da galaxia, aínda que a tarefa non foi completamente realizada (sobreviviron Obi-wan Kenobi e o mestre Yoda).
Darth Vader foi a man dereita executora de Palpatine, usando as súas habilidades e a súa brutalidade para levar a cabo os seus fins. Estaba ao mando da temible Lexión 501, os que unha vez foron os mellores soldados da República agora eran os máis desapiadados soldados de asalto. Vader empregou esta lexión na maioría das súas misións, aínda que non foi o único, pois a miúdo destacamentos debían ir apoiar a outros comandantes. Vader foi quen, tras a morte do Comandante Appo, elixiu o Comandante Bow como novo líder da 501.
Nunha ocasión enfrontouse co revivido Darth Maul. Logrou vencelo ao empalarse a si mesmo e ao zabrak.
Tras moitos anos de atrocidades establecendo o férreo control da Nova Orde sobre a Galaxia, Vader converteuse nunha figura temida e respectada en toda a galaxia. Non dubidaba en executar de forma implacable os seus subordinados, por pequeno que fose o erro e indiferentemente da altura do cargo; ata tal punto chegaba a súa ira (posteriormente, este estilo de goberno sería chamado "o Estilo Vader"[Cómpre referencia], o cal empregaba a miúdo Thrawn como exemplo).
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Darth Vader |