[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Dana Scott

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaDana Scott

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(en) Dana Stewart Scott Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento11 de outubro de 1932 Editar o valor en Wikidata (92 anos)
Berkeley, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Princeton
Universidade de California, Berkeley Editar o valor en Wikidata
Director de teseAlonzo Church Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoRetícula, lóxica matemática, teoria dos modelos (pt) Traducir, topoloxía, programación, teoria dos autômatos (pt) Traducir, semántica e linguaxe de programación Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónmatemático, topólogo, enxeñeiro, informático teórico, profesor universitario Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de California, Berkeley
Universidade Carnegie Mellon
Universidade de Chicago
Universidade de Linz (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Membro de
Obra
DoutorandoJack Copeland, Michael Fourman (pt) Traducir, Kenneth Kunen (pt) Traducir, Angus Macintyre (pt) Traducir, Ketan Mulmuley (en) Traducir, Marko Petkovšek (en) Traducir, Fred S. Roberts (pt) Traducir, David Turner (pt) Traducir, Kosta Došen (en) Traducir, William Chesley Rounds (en) Traducir, Jon Barwise (pt) Traducir, Roy Dyckhoff (en) Traducir, James Daniel Halpern (en) Traducir, Andrej Bauer (pt) Traducir, Michael L. Katz (pt) Traducir, Carl A. Gunter (en) Traducir, Peter Holger Krauss (en) Traducir, Daniel B. Demaree (en) Traducir, Daniel Gallin (en) Traducir, Edgar George Kenneth Lopez-Escobar (en) Traducir, Peter Perkins (en) Traducir, Nicolas Daniels Goodman (en) Traducir, Richard Beech Mansfield (en) Traducir, William Frederick Ogden (en) Traducir, Ljubomir Perkovic (en) Traducir, Lars Birkedal (en) Traducir, Kim Ritter Wagner (en) Traducir, J. Todd Wilson (en) Traducir, Vijay Saraswat (en) Traducir, Jesse Hughes (en) Traducir, Michael B. Smyth (en) Traducir, Brian Farrell Chellas (en) Traducir, Krister Segerberg (pt) Traducir, William James Meyers (en) Traducir, Shun-On Adrian Tang (en) Traducir, Jay David Atlas (en) Traducir, Martin K. Davies (en) Traducir, Robin John Grayson (en) Traducir, William Ewald (en) Traducir, John Cartmell (en) Traducir, Joseph E. Quinsey (en) Traducir, Stephen R. Blamey (en) Traducir, Marcus Giaquinto (en) Traducir, Joseph Almog (en) Traducir, Felipe Bracho (en) Traducir, David Charles McCarty (en) Traducir, Sidney C. Bailin (en) Traducir, Giuseppe Rosolini (en) Traducir, John L. Mumma (en) Traducir, Christopher Carlson (en) Traducir e Jeff Heisserman (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeIrene Schreier Scott Editar o valor en Wikidata
ParentesOtto Schreier, sogro Editar o valor en Wikidata
Premios

Páxina webcs.cmu.edu… Editar o valor en Wikidata

Dana Stewart Scott, nado en Berkeley (California) o 11 de outubro de 1932, é un matemático, filósofo e informático estadounidense. É Profesor Emérito de Ciencias da Computación, Filosofía e Lóxica Matemática na Universidade Carnegie Mellon, actualmente xubilado. Vive na súa cidade natal. O seu traballo sobre a teoría de autómatas fíxoo merecedor do Premio Turing da ACM en 1976, mentres que o seu traballo en colaboración con Christopher Strachey nos anos 1970 fixaron as bases para os enfoques modernos en semántica de linguaxes de programación. Traballou tamén en lóxica modal, topoloxía e teoría de categorías. É o editor xefe da revista Logical Methods in Computer Science.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Licenciouse en matemáticas pola Universidade de California, Berkeley en 1954. A súa tese doutoral titulada Secuencias Converxentes de Teorías Completas, baixo a supervisión de Alonzo Church, foi defendida en 1958 na Universidade de Princeton. Tras completar os seus estudos de doutoramento, mudouse á Universidade de Chicago, impartindo clases ata 1960.

En 1959 publicou un artigo xunto con Michael O. Rabin, un compañeiro de Princeton, titulado Finite Automata and Their Decisión Problem (Autómatas Finitos e o Problema da súa Decidibilidade), que introduciu a idea das máquinas non determinísticas no campo da teoría de autómatas. Este traballo proporcionoulles o Premio Turing por presentar un concepto tan fundamental en complexidade computacional.

Universidade de California, Berkeley, 19601963

[editar | editar a fonte]

Scott foi contratado como profesor asistente de matemáticas na Universidade de California en Berkeley e dedicouse a traballar en problemas clásicos de lóxica matemática, especialmente a teoría de conxuntos e a teoría de modelos de Alfred Tarski.

Durante este período comezou a supervisar a tese doutoral de estudantes como James Halpern e Edgar López Escobar, sendo o traballo de Scott como director de teses unha importante fonte de inspiración intelectual.

Lóxica modal

[editar | editar a fonte]

Scott tamén comezou a traballar en lóxica modal durante este período, iniciando unha colaboración con John Lemmon. Scott estaba interesado na lóxica temporal e a conexión co tratamento do tempo na semántica de linguaxes naturais e empezou a colaborar con Richard Montague. Máis tarde, Scott e Montague descubriron independentemente unha importante xeneralización da semántica de Kripke para a lóxica modal e tensa, que chamaron semática de Scott-Montague.

John Lemmon e Scott comezaron a traballar nun libro de texto sobre lóxica modal, pero a morte de Lemmon en 1966 interrompeu o seu desenvolvemento. Scott compartiu o manuscrito incompleto entre os seus compañeiros, introducindo numerosas técnicas na semántica da teoría de modelos e presentando un perfeccionamento do modelo canónico que se fixo estándar, e introducindo a técnica de construír modelos mediante filtracións, sendo ambos conceptos centrais na moderna semántica de Kripke. Scott finalmente publicaría o traballo co título de An Introduction to Modal Logic (Lemmon and Scott, 1977).

Stanford, Amsterdam e Princeton, 19631972

[editar | editar a fonte]

Continuando unha observación inicial de Robert Solovay, Scott formulou o concepto de modelo de valor booleano. En 1967 Scott publicou un artigo, A Proof of the Independence of the Continuum Hypothesis, no que usaba modelos de valores booleanos como análise da independencia de hipóteses de continuo alternativo ó de Paul Cohen. Este traballo fíxoo gañar o Premio Leroy P. Steele de 1972.

Oxford University, 19721981

[editar | editar a fonte]

Dana Scott aceptou un emprego como profesor de lóxica matemática na Facultade de Filosofía da Universidade de Oxford en 1972.

Semántica de linguaxes de programación

[editar | editar a fonte]

Durante este período, Scott traballou con Christopher Strachey, e a pesar da presión administrativa, lograron supervisar gran cantidade de traballos que supoñían os fundamentos matemáticos en semántica de linguaxes de programación. O seu traballo constitúe unha das pezas máis influentes na informática teórica, considerándose como a fundación dunha das maiores escolas de ciencias da computación. Unha das maiores contribucións de Scott é a súa teoría de dominios, que dota ós programas con funcións recursivas e estruturas de control de bucles de semántica denotativa. Ademais, proveu os fundamentos para a comprensión da información continua e infinitesimal, a través da teoría de dominios e a súa teoría dos sistemas de información.

O seu traballo nesta época fíxoo gañador de:

  • O Premio Harold Pender de 1990 pola súa aplicación de conceptos de lóxica e álxebra ao desenvolvemento da semántica matemática de linguaxes de programación;
  • O Premio Rolf Schock de 1997 en lóxica e filosofía, pola Real Academia Sueca das Ciencias polos seus traballos en lóxica, especialmente a creación da teoría de dominios, que fixo posible estender o paradigma semántico de Tarski aos linguaxes de programación, así como aos modelos da lóxica combinatoria de Curry e o cálculo lambda de Church;
  • O Premio Bolzano de 2001 ó Mérito nas Ciencias Matemáticas, pola Academia Checa das Ciencias.

Universidade Carnegie Mellon 19812003

[editar | editar a fonte]

Na Universidade Carnegie Mellon, Scott propuxo a teoría de espazos equilóxicos como sucesora da teoría de dominios; Entre as moitas vantaxes, a categoría de espazos equilóxicos é un conxunto cartesianamente cerrado, mentres que a categoría de dominios non o é.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
Predecesor:
Allen Newell
Herbert Simon
Premio Turing
1976
Sucesor:
John Backus