[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Dalida

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaDalida

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(it) Iolanda Cristina Gigliotti Editar o valor en Wikidata
17 de xaneiro de 1933 Editar o valor en Wikidata
Shobra (Reino de Exipto) Editar o valor en Wikidata
Morte3 de maio de 1987 Editar o valor en Wikidata (54 anos)
18.º arrondissement de Paris (Francia) Editar o valor en Wikidata
Causa da mortesuicidio, sobredose Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio de Montmartre, 18 48°53′10″N 2°19′57″L / 48.8862348, 2.3324314 Editar o valor en Wikidata
Outros nomesDalida Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoEntretemento e artes escénicas Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónactriz de cinema, modelo, cantante, bailarina Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1954 Editar o valor en Wikidata - 1987 Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoChanson, música pop, traditional folk song (en) Traducir, Música disco e Música árabe Editar o valor en Wikidata
TesituraContralto Editar o valor en Wikidata

InstrumentoVoz Editar o valor en Wikidata
Selo discográficoBarclay Records (1956–1965)
Orlando (1965–) Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeLucien Morisse (1961–década de 1960) Editar o valor en Wikidata
ParellaRichard Chanfray (1972–1981)
Luigi Tenco (1966–1967)
Christian de la Mazière (1963–1966)
Alain Delon (1962–1962) Editar o valor en Wikidata
PaisPietro Gigliotti Editar o valor en Wikidata  e Giuseppina Gigliotti Editar o valor en Wikidata
IrmánsOrlando Gigliotti
Orlando Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
1967sobredose de barbitúricos Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih,
Dictionary of Women Worldwide Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0197931 Allocine: 5134 Rottentomatoes: celebrity/dalida Allmovie: an220324
Youtube: UC9yYW7noYBvk5mimwdtW1ng BNE: XX901363 Spotify: 04aQfpx1U1WQEJkrvGs4ig iTunes: 13428877 Musicbrainz: 1598ccda-b164-4bff-9821-f9ff5a8587a8 Songkick: 398023 Discogs: 146664 Allmusic: mn0000564599 WikiTree: Gigliotti-36 Find a Grave: 3685 Deezer: 1062 Editar o valor en Wikidata

Iolanda Cristina Gigliotti, nada no Cairo (Exipto) o 17 de xaneiro de 1933 e finada en París (Francia) o 3 de maio de 1987,[1] coñecida profesionalmente como Dalida, foi unha actriz e cantante franco-exipcia de pais italianos.[2] Gañou o concurso de beleza Miss Exipto en 1954 e comezou unha carreira de 31 anos como cantante en 1956, vendendo 170 millóns de discos e sinxelos en todo o mundo.[3] Suicidouse en 1987.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Primeiros anos e carreira

[editar | editar a fonte]

Iolanda Cristina Gigliotti (posteriormente o seu primeiro nome foi afrancesado como Yolande) naceu en Choubrah, un barrio ás portas do Cairo, en Exipto, no seo dunha familia de clase media. Os seus pais eran inmigrantes calabreses orixinarios de Serrastretta, na provincia de Catanzaro, Italia. Iolanda foi a segunda de tres irmáns. O seu proxenitor era primeiro violín da Ópera do Cairo.[4]

En 1954 foi elixida Miss Exipto.[5] Á elección asistiron tres directores de cinema, co que a vitoria lle abriu as portas do cinema exipcio; Marco de Gastyne contratouna para The Mask of Tutankhamun (1954) e Niazi Mostafa para interpretar a protagonista de A Glass and a Cigarette (1954),[6] nos posters das cales aparece co seu novo nome artístico de Dalida, porque como explicou en 1968, «era un nome moi frecuente en Exipto e gustábame moito».[7] Rexeitou a terceira oferta, un contrato de longa duración por parte dun produtor exipcio, porque Gastyne a aconsellou que tratase de buscar o éxito en París. Así, Dalida tamén decidiu non representar a Exipto en Miss Mundo 1955, mais o Exipto finalmente tampouco participou ese ano a causa da crise de Suez.[8][9] O 25 de decembro de 1954, Dalila deixou o Exipto por París.[10]

En 1956 gravou a súa primeira canción, «Madona», unha versión en francés dun éxito de Amália Rodrigues.[11] Seguiuna Bambino, un dos seus grandes éxitos, unha tradución da canción napolitana Guaglione, composta por Giuseppe Fanciulli (música) e o letrista Nisa.[11] En principio estaba destinada a publicarse na voz de Gloria Lasso, mais Lucien Morisse, director de programación de Radio Europe 1, fíxoa gravala. «Bambino» foi o primeiro número un de Dalida e en 1957 converteuse no número un de maior duración da historia, cun total de 39 semanas consecutivas.[12] Converteu a Dalida nunha estrela da noite á mañá e valeulle o seu primeiro disco de ouro, sendo a primeira muller que conseguía o galardón, o 19 de setembro de 1957, por vendas superiores aos 300 000 exemplares.[11]

En marzo de 1957 presentouse no teatro Olympia de París acompañando a Charles Aznavour e en setembro a Gilbert Bécaud. En decembro de 1961 presentouse no Olympia como estrela principal, con grande éxito.

En 1967 actuou no Festival de Sanremo, xunto coa súa parella o cantautor italiano Luigi Tenco coa canción composta por el «Ciao amore, ciao». Despois de ser rexeitada a composición por un xurado e polo público, Luigi Tenco suicidouse, un asunto aínda non totalmente esclarecido,[13] xa que a finais de 2005 un fiscal italiano reabriu o caso, por mala investigación e arquivo rápido.[14]

En 1975, Dalida volveu poñer de moda a canción «J'attendrai», cantada orixinariamente por Rina Ketty en 1938; é unha adaptación da italiana «Tornerai» (letra de Nino Rastelli e música de Dino Olivieri), inspirada nunha melodía de Madama Butterfly.

En 1981 Dalida foi a primeira cantante en recibir un disco de diamante.[15] Ao longo da súa carreira conseguiu cincuenta e cinco discos de ouro cantando en dez linguas, e vendeu un total de 140 millóns de discos.

En 1985 volveu a Exipto para rodar o filme El al-Yawm al-Sadis (Le sixième jour en francés), do director Youssef Chahine, que lle deu excelentes críticas, aínda que tamén múltiples lembranzas que a atormentaron durante os seus últimos meses.

Casa de Dalida en Montmartre

Falecemento

[editar | editar a fonte]

Nos últimos anos da súa vida, Dalida sufriu de depresión crónica. Actuou por derradeira vez en concerto en Turquía do 26 ao 28 de abril de 1987 no antigo teatro Aspendos, en Antalya. Foi a súa última aparición pública.[16] De volta dos concertos parece apagada: xa non sae, fuma compulsivamente e aumentou o insomnio.[17].

O 2 de maio de 1987, fixo crer aos seus achegados que pola noite iría ver a comedia Cabaret, de Jerome Savary, presentada no Teatro Mogador, e que cearía na cidade con François Naudy. Na realidade, Naudy non confirmou a cita, o que a trastornou.[18] Na noite do 2 ao 3 de maio de 1987, soa na súa casa do 11 bis da rue d'Orchampt, suicidouse por unha sobredose de barbitúricos que tragou cun vaso de whisky. A súa axudante descubriu o corpo o 3 de maio ao final da tarde.[19]

A igrexa de San Xoán de Montmartre quedou pequena para o funeral e estes tiveron lugar na igrexa de la Madeleine.[20] Asistiron unhas 40 000 persoas o 7 de maio de 1987.[21]

Deixou dúas cartas, unha ao seu irmán Orlando e outra ao seu compañeiro, así como unha frase probablemente dirixida ao seu público:

La vie m'est insupportable. Pardonnez-moi («A vida éme insoportable. Perdoádeme»)
  1. 1,0 1,1 "Dalida". The New York Times (en inglés). 5 de maio de 1987. Arquivado dende o orixinal o 18 de agosto de 2019. Consultado o 18 de agosto de 2019. 
  2. "Son histoire||du Caire à Paris" [A súa historia||de O Cairo a Paris]. Dalida site Officiel (en francés). Consultado o 18 de agosto de 2019. 
  3. Loustalot, Ghislain (15 de xuno de 2016). "Dalida: la résurrection". Paris Match (en francés). Consultado o 18 de agosto de 2019. 
  4. "Dalida - Biographie, discographie et fiche artiste". RFI Musique (en francés). Consultado o 30 de decembro de 2017. 
  5. "Palmarès de la chanson au Québec". Bibliothèque et Archives nationales du Québec (en francés). Arquivado dende o orixinal o 09 de agosto de 2018. Consultado o 11 de marzo de 2019. 
  6. "A Cigarette and a Glass". 11 de setembro de 1955 – vía www.imdb.com. 
  7. "Dalida à propos du nom Dalida et de son premier play-back - Vidéo" (en francés). Ina.fr. 1 de xaneiro de 1970. Consultado o 13 de agosto de 2018. 
  8. "Puerto Rico Out of Miss World". Arquivado dende o orixinal o 20 de outubro de 2023. Consultado o 18 de agosto de 2019. 
  9. "Carmen Susana Dujim won Miss World 1955 - Award goes to". awardgoesto.com. Arquivado dende o orixinal o 23 de decembro de 2019. Consultado o 18 de agosto de 2019. 
  10. "Dalida, une vie parisienne -". www.linternaute.com. 
  11. 11,0 11,1 11,2 "Biographie de Dalida". Universal Music France (en francés). Arquivado dende o orixinal o 04 de novembro de 2016. Consultado o 14 de marzo de 2019. 
  12. "InfoDisc : Tout les Titres N° 1 des 50's". web.archive.org. 2008-03-23. Arquivado dende o orixinal o 23 de marzo de 2008. Consultado o 14 de marzo de 2019. 
  13. Ridet, Philippe (20 de xaneiro de 2017). "Dalida et Luigi, ils se sont tant aimés". Le Monde.fr (en francés). ISSN 1950-6244. Consultado o 30 de decembro de 2017. 
  14. "Periódico de Aragón". Arquivado dende o orixinal o 10 de outubro de 2007. Consultado o 29 de outubro de 2006. 
  15. Kiko. "Dalida site Officiel - Les récompenses". dalida.com (en francés). Consultado o 30 de decembro de 2017. 
  16. Pascal Gavillet, « Dalida, une solitude fatale derrière les paillettes », Tribune de Genève, 22 de xullo de 2016. Consultado o 22 de setembro de 2018.
  17. Valentine Puaux, « Dalida : Antoine Angelelli, son assistant, revient sur son suicide », Gala, 4 de xaneiro de 2017. Consultado o 22 de setembro de 2018.
  18. Pessis, Jacques (2007). Dalida : une vie. Chronique. p. 198. .
  19. « Dalida : Le dernier à l'avoir vue vivante », La DH, 2 de maio de 2007. Consultado o 22 de setembro de 2018.
  20. Un jour, un destin : Dalida, les secrets d'une femme, France 2, 2012.
  21. Géraldine Doutriaux, « 3 mai 1987 : Montmartre perd Dalida », Le Parisien, 3 de maio de 2007. Consultado o 22 de setembro de 2018.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Mario Luzzatto Fegiz, Morte di un cantautore. Biografia di Luigi Tenco, Gammalibri, 1977
  • L. Rioux, 50 ans de chanson française, de Trenet à Bruel, Éditions L'Archipel, 1992
  • C. Daccache - I. Salmon, Dalida, Éditions Vade Retro, 1998
  • Catherine Rihoit, Dalida, préface d'Orlando, Plon, 1998, 2005
  • P. Saka - Y. Plougastel, La Chanson française et francophone, Éditions Larousse, 1999
  • G. Borgna, L'Italia di Sanremo, A. Mondadori, 1999
  • M. Gilbert Carpentier, Merci les artistes, Éditions Anne Carrère, 2001
  • Jacques Brachet, Du Nil à la scène, Édition la Nerthe, 2002
  • Isaline, Dalida, entre violon et amour, Éditions Publibook, 2002
  • Henry-Jean Servat, Dalida, Albin Michel, 2003, 2007
  • David Lelait, Dalida, d'une rive à l'autre, Payot, 2004
  • Daniel Lesueur, L'argus Dalida : Discographie mondiale et cotations, Éditions Alternatives, 2004
  • Bonini, E. (2004). La Véritable Dalida. Éditions Pygmalion. 
  • J. Barnel, Dalida, la femme de cœur, Éditions du Rocher, 2005
  • A. Ravier, Dalida passionnément, Éditions Favre, 2006
  • Bernard Pascuito, Dalida, une vie brûlée, L'Archipel, 2007
  • Jacques Pessis, Dalida : une vie…, Dargaud, 2007
  • J. Pitchal, Dalida, tu m'appelais petite sœur…, Éditions Carpentier, 2007
  • Claire Séverac - Cédric Naïmi, Dalida. Ses fans, ses amis ont la parole, Éditions du Rocher, 2008
  • Stéphane Julienne - Luigi Gigliotti, Mia zia, ma tante Dalida, Éditions Ramsay, 2009
  • Frédéric Quinonero, Les années 60. Rêves et Révolutions, Éditions D. Carpentier, 2009
  • Joseph Agostini, Dalida sur le divan, Envolume, 2017
  • Olivier Saillard, Dalida, une garde robe de la ville à la scène, París-Musées, 2017

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]