David Tennant
(2023) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) David John McDonald 18 de abril de 1971 (53 anos) Bathgate, Reino Unido (pt) |
Outros nomes | David Tennant |
Residencia | Chiswick |
Educación | Conservatorio Real de Escocia Paisley Grammar School (en) |
Altura | 1,85 m |
Cor do pelo | Cabelo castaño |
Actividade | |
Ocupación | actor de televisión, actor de cinema, actor de teatro, actor de xénero, creador de podcast |
Período de actividade | 1989 - |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Cónxuxe | Georgia Moffett (2011–) |
Parella | Sophia Myles (2005–2007) |
Fillos | Ty Tennant () Georgia Moffett Olive Tennant () Georgia Moffett |
Pais | Sandy McDonald e Essdale Helen McDonald |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Páxina web | david-tennant.com |
|
David John McDonald, coñecido como David Tennant, nado en Bathgate o 18 de abril de 1971, é un actor de cine e teatro escocés. A súa traxectoria teatral é ampla, destacando a súa interpretación de Hamlet. O seu papel máis famoso na televisión foi posiblemente a décima encarnación do Doutor Who.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Primeiros anos
[editar | editar a fonte]Comezou a súa carreira aos 16 anos inscribíndose na Royal Scottish Academy of Music and Drama e participando nun filme contra o tabaquismo producido polo Glasgow Health Council e emitido en televisión e nas escolas. Como o nome de "David McDonald" xa fora tomado por outro actor, comezou a actuar co pseudónimo de David Tennant, en referencia a Neil Tennant, vocalista dos Pet Shop Boys.
Cine, TV e teatro
[editar | editar a fonte]Sendo xa un coñecido actor de teatro, acadou fama no Reino Unido cos seus papeis protagonistas nas series de televisión Casanova (2005), Doutor Who (2005-2010 e 2013) e Broadchurch (2013-presente).[2] Comezou a actuar en curtametraxes e longametraxes a partir de 1993, e o seu primeiro papel protagonista foi na comedia románmtica de 1998 dirixida por Mika Kaurismäki, L. A. without a Map. Algúns dos seus papeis máis destacados son Harry Potter e o cáliz de fogoe (2005), The Decoy Bride ( 2011) e What We Did on our Holiday (2014, pode verse en Prime dobrado ao galego como O noso último verán en Escocia). Tamén aportou a súa voz a varias películas de animación, gañando os premios Daytime Emmy en 2012 por Star Wars: The Clone Wars.
En setembro de 2012, David Tennant foi nomeado membro do consello de administración da Royal Shakespeare Company e interpretou varios papeis en obras de Shakespeare no Royal Shakespeare Theatre de Stratford-upon-Avon e no Barbican Theatre de Londres.[3]
Tamén aparece en Bos presaxios (título orixinal, Good Omens), como o demo Crowley, unha serie de comedia fantástica británica creada por Neil Gaiman, baseada na súa novela homónima de 1990 súa e de Terry Pratchett.
Familia
[editar | editar a fonte]David McDonald é o derradeiro fillo de Essdale Helen e Alexander McDonald, ministro da Igrexa de Escocia. Ten dous irmáns máis vellos, Blair e Karen.[1]
En 2011, xornais británicos informaron do seu compromiso coa actriz Georgia Moffett, con quen casou eses ano,[4] a quen coñeceu no set de Doctor Who (no episodio The Doctor's Daughter) e cuxo pai, Peter Davison, é un antigo intérprete do papel principal da serie.[5] [6] A parella ten 4 fillos, Tyler McDonald,[7] nado en 2002 e adoptado oficialmente por David en 2011, Olive McDonald, nada en 2011, Wildfred McDonald, nada en 2013 [8] e Doris McDonald, nada no verán de 2015.
Política
[editar | editar a fonte]En 2010, declarou o seu apoio ao primeiro ministro británico Gordon Brown,[9] e puxo a súa voz nun anuncio electoral do Partido Laborista.[10] En 2012, presentou ao líder laborista Ed Miliband na Conferencia do Partido.[11]
Filmografía
[editar | editar a fonte]- 1996: Jude : o estudante borracho
- 1997: Bite: Alastair Galbraith
- 1998: I love L. A : Richard
- 1999: Last Setember: Capitán Gerald Colthurst
- 2002: Nine 1/2 Minuts: Charlie
- 2003: Bright Young Things de Stephen Fry: Ginger Littlejohn
- 2004: Traffic Warden (curta): policía
- 2005: Sweetnight Goodheart (curta): Peter
- 2005: Harry Potter e o cáliz de fogo de Mike Newell: Bartemius Croupton Junior
- 2009: St. Trinian's 2: The Legend of Fritton's Gold: Lord Piers Pomfrey
- 2010: 1939: Hector
- 2010: Dragons de Dean DeBlois e Chris Sanders: Spitelout (voz)
- 2011: United : Jimmy Murphy
- 2011: The Decoy Bride: James Aubrey
- 2011: Fright Night de Craig Gillespie: Peter Vincent
- 2012: The Pirates! En calquera aventura con científicos de Peter Lord e Jeff Newitt: Charles Darwin (voz)
- 2012: Ill : M. Peterson
- 2013: Postman Pat: The Movie de Mike Disa (voz)
- 2014: O noso último verán en Escocia de Andy Hamilton e Guy Jenkin: Doug
- 2015: Jessica Jones (serie de televisión): Kilgrave
- 2016: Mad to Be Normal: R.D. Laing
- 2017: You, Me and Him: John
- 2018: Mary Queen of Scots: John Knox
- 2019: Good Omens (serie de televisión): Crowley
- 2020: Deadwater Fell (serie de televisión): Tom Kendrick
- 2020: Staged (serie de televisión): el mesmo
- 2020: Des (miniserie de televisión): Dennis Nilsen
- 2021: Around the World in 80 Days: Phileas Fogg
- 2021: Final Space (serie de animación): Invictus (voz)
- 2022: The Amazing Maurice: Dangerous Beans (voz)
- 2023: Litvinenko (miniserie de televisión): Alexander Litvinenko
- 2023: Good Omens (tempada 2): Crowley
- 2023: Clone High: el mesmo (voz)
- 2023: Spy in the Ocean: narrador
- 2023: The Simpsons: Pa MacWeldon (voz)
- 2023: Doctor Who: Doutor catorce
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "BBC Radio 4 - Desert Island Discs, David Tennant". BBC (en inglés). Consultado o 2024-07-14.
- ↑ AlloCine (2013-10-03). ""Broadchurch" : David Tennant sera aussi dans le remake américain !". AlloCiné (en francés). Consultado o 2024-07-14.
- ↑ "Cats, kinky sex and the titan who defined them". The Telegraph (en inglés). 2012-01-16. Consultado o 2024-07-14.
- ↑ Butler, Adrian (2012-01-01). "Dr Who's David Tennant marries on-screen daughter". The Mirror (en inglés). Consultado o 2024-07-14.
- ↑ "David Tennant: from Doctor Who to Hamlet". The Telegraph (en inglés). 2008-11-22. Consultado o 2024-07-14.
- ↑ Quigley, Rachel (2011-01-04). "Keep it in the Time Lord family: David Tennant to marry Georgia Moffett... daughter of ex-Doctor Who Peter Davison". Mail Online. Consultado o 2024-07-14.
- ↑ (en inglés) « David Tennant Reveals He Is Now a Double-dad », Absolute Radio
- ↑ (en inglés)Andy Newport, « Baby Joy for Star David », Paisley Daily Express, 18 de gener de 2011.
- ↑ "TV's Tennant 'backs Brown as PM'" (en inglés). 2010-01-09. Consultado o 2024-07-14.
- ↑ "General Election 2010: David Tennant and Sean Pertwee star in Labour advert". The Telegraph (en inglés). 2010-04-12. Consultado o 2024-07-14.
- ↑ David Tennant Introduces Ed Miliband's Speech At Labour Conference.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: David Tennant |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- David Tennant no Screenonline do British Film Institute.