[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Donn Eisele

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaDonn Eisele

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(en) Donn Fulton Eisele Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento23 de xuño de 1930 Editar o valor en Wikidata
Columbus, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Morte2 de decembro de 1987 Editar o valor en Wikidata (57 anos)
Toquio, Xapón Editar o valor en Wikidata
Causa da morteinfarto agudo de miocardio Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio Nacional de Arlington, Section 3, grave 2503-G-1 38°52′23″N 77°04′22″O / 38.873106, -77.072696 Editar o valor en Wikidata
EducaciónEscola de Pilotos de Probas da Forza Aérea dos Estados Unidos
Academia Naval dos Estados Unidos (pt) Traducir
West High School Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónoficial, astronauta, piloto de probas, aviador Editar o valor en Wikidata
EmpregadorNASA, astronauta Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
Rama militarForza Aérea dos Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Rango militarcoronel (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Tempo no espazo10 días, 20 horas e 8 minutos Editar o valor en Wikidata
Misión do astronauta
Premios

WikiTree: Eisele-16 Find a Grave: 2718 Editar o valor en Wikidata

Donn Fulton Eisele, nado en Columbus (Ohio) o 23 de xuño de 1930, foi un astronauta estadounidense que participou na misión Apollo 7. Pasou un total de 10,84 días no espazo.[1][2]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Eisele graduouse en ciencias pola Academia Naval dos Estados Unidos en 1952. Foi máster en astronáutica polo Instituto de Tecnoloxía da Forza Aérea da Base Wright-Patterson da Forza Aérea en 1960.[1][2]

Durante a súa carreira na Forza Aérea foi enxeñeiro de proxecto e piloto de probas no Centro de Armas Especiais da Forza Aérea na Base Kirtlan da Forza Aérea en Novo México, acumulando máis de 4200 horas de voo.[1][2]

Eisele formou parte do terceiro grupo de astronautas da NASA, constituído en outubro de 1963. O 11 de outubro de 1968 formou parte da misión Apollo 7 como piloto do módulo de mando, xunto con Walter M. Schirra (comandante) e Walter Cunningham (piloto do módulo lunar). Apollo 7 foi a primeira misión orbital tripulada dunha nave Apollo e foi lanzada para probar sistemas e técnicas a usar máis adiante. Eisele tamén foi reserva para o piloto do módulo de mando da misión Apollo 10. Pasou un total de 10,84 días no espazo. En xullo de 1972 retirouse tanto da Forza Aérea como da NASA e pasou a ser director dos Corpos de Paz dos Estados Unidos en Tailandia. Faleceu o 2 de decembro de 1987 durante unha viaxe de negocios a Tokio.[1]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Mark Wade (2019). "Eisele, Donn Fulton" (en inglés). Consultado o 16 de febreiro de 2020. 
  2. 2,0 2,1 2,2 NASA, ed. (decembro de 1987). "DONN F. EISELE (COLONEL, USAF, RET.) NASA ASTRONAUT (DECEASED)" (PDF) (en inglés). Consultado o 16 de febreiro de 2020. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]