Thor (deus)
Nome orixinal | (non) Þōrr, Þunarr |
---|---|
Biografía | |
Actividade | |
Ocupación | matadragóns |
Celebración | Mitoloxía nórdica |
Símbolo iconográfico | Q33392183 |
Familia | |
Cónxuxe | Járnsaxa Sif |
Fillos | Þrúðr () Sif Móði () Sif Magni () Járnsaxa |
Pais | Odín e Jörð Fjörgyn |
Irmáns | Meili Víðarr Bragi Balder Höder Hermod Váli |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron The Nuttall Encyclopædia >>>:Thor |
Thor[1] (nórdico arcaico: Þórr, inglés arcaico: Þunor, alto alemán arcaico: Donar) é un deus de cabelos vermellos e barba, que representa a forza da natureza (trono) na Mitoloxía nórdica e tamén na Mitoloxía xermánica. Capaz de convocar treboadas, é o fillo de Odín -o deus supremo de Asgard- e Jord (Fjorgyn) -a deusa de Midgard (a Terra)-. Durante o Ragnarök, Thor matará e será morto por Jörmungandr, a gran serpe de Midgard.
El era grande aínda para ser un deus e extremadamente forte. Thor gustaba das disputas de poder e era o principal campión dos deuses contra os seus inimigos, os xigantes de xeo. A arma de Thor era un martelo de guerra máxico, chamado Mjolnir (que lanzaba raios de luz) cunha enorme cabeza e un mango curto e que nunca erraba o golpe e sempre retornaba ás súas mans. Tamén se servía dunhas luvas de ferro máxicas para suxeitar o mango do martelo branco e o cinto Megingjard que dobraba a súa forza, fóra da guerra axudaba os labregos co seu martelo e viaxaba nunha carroza tirada por carneiros. Tamén protexía os recentemente casados e daba fertilidade.
A súa esposa era Sif, a deusa da colleita, con quen tivo a filla Thrud; e da súa unión coa xiganta Jarnsaxa tivo os fillos Magni e Modi. Os antigos escritores (Saxo, Adam de Bremen, Aelfric, Snorri) identificaron a Thor coma o deus Greco-Romano Xúpiter porque ambos son fillos da Nai-Terra, comandante das choivas, dos raios e tronos, son protectores do mundo e da comunidade, cuxo símbolo era o carballo, representando ao tronco da familia. Os animais de ambos os deuses eran o carneiro, o bode e a aguia. Thor era sempre presentado co seu martelo e Xúpiter co seu cetro. Thor matou a serpente Jormungand e Xúpiter o dragón Tifon.
A Thor gustáballe a compañía de Loki, a pesar do seu talento de embusteiro para colocar a ambos en situacións difíciles. As historias das súas aventuras están entre as máis ricas da mitoloxía nórdica. No panteón nórdico, Thor era o destrutor do mal e o segundo maior expoñente dos deuses Aesir.
No Ragnarok, a tarefa de Thor era matar a cruel Jörmungandr ou Serpe Midgard (unha serpe que envolve a Terra), filla de Loki, mais el morrerá tamén no combate, debido ao veleno do seu inimigo.
Thor era un deus extremadamente popular, aparece citado frecuentemente en inscricións rúnicas e aparece nos himnos de louvanza dos poetas islandeses.
Os anglo-saxóns deron o nome de Thor ao quinto día da semana, Thursday ou sexa "Thor's day" (o día de Thor), xoves en inglés).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Diciopedia do século 21 3. Isaac Díaz Pardo, Víctor F. Freixanes, Antón Mascato (edición). Editorial Galaxia. 2007. p. 2035. ISBN 9788482893600.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Thor |