Guillerme I de Borgoña
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1020 valor descoñecido |
Morte | 12 de novembro de 1087 (66/67 anos) Besançon, Francia |
Lugar de sepultura | Catedral de San Xoán de Besançon |
Actividade | |
Ocupación | aristócrata |
Outro | |
Título | Count of Macon (en) (1078–) Conde de Borgoña (1057–) |
Familia | Anscáridas (pt) |
Cónxuxe | Estefanía de Borgoña |
Fillos | Xisela de Borgoña, Ermentrud of Burgundy, Hugues III de Bourgogne, Ottaviano di Savona, Reinaldo II, Conde da Borgonha, Sibila de Borgoña, Estevo I de Borgoña, Calisto II, Raimundo de Borgoña, Clemencia de Borgoña, Bertha de León |
Pais | Reinaldo I de Borgonha e Alice da Normandia |
Irmáns | Guy of Brionne Alberada of Buonalbergo |
Guillerme I de Borgoña "O Grande" ou "O Imprudente", nado no Franco Condado no 1020 e finado en Besançon no ano 1087, foi conde de Borgoña e Mâcon desde 1057 até 1087. A súa descendencia estivo entre unha das máis coñecidas da Europa do seu tempo chegando a ter un fillo papa. Faleceu na cidade de Besançon e atópase sepultado na Catedral de San Xoán nesta mesma cidade. O ano de 1057, sucedeu ao seu pai reinando sobre os territorios con maior extensión do que os territorios do Franco Condado.
Familia e descendencia
[editar | editar a fonte]Foi fillo de Reinaldo I de Borgoña (990 - 3 de setembro de 1057) e de Adelaida da Normandía (990 -?), filla de Ricardo II da Normandía (970 - 28 de agosto de 1027) e de Xudite da Bretaña (980 -?).
Casou con Estefanía de Longwy tamén coñecida como Étiennette de Longwy, filla de Adalberto, duque da Lorena (?- 1048) e de Clemencia de Foix (1015 -?) de quen tivo:
- Reinaldo II de Borgoña (? - 1097) casado con Rexina de Oltigen, foi sucesor do seu pai á cabeza dos destinos do condado, faleceu na Primeira Cruzada.
- Estevo I de Borgoña, sucesor de Reinaldo II. Estevo morreu na Guerra Santa durante a Cruzada de 1101.
- Raimundo de Borgoña, casado en 1090 coa princesa Urraca, foi conde Galiza, aspirando ao seu trono.
- Guildo de Viena, electo Papa en 1119 como abade de Cluny, co nome de Calisto II.
- Sibila (1065 - 1101), casada en 1080 con Odo I, Duque da Borgoña.
- Xisela, casada en 1090 con Humberto II de Savoia e despois con Renier I de Montferrat.
- Adelaida.
- Berta.
- Eudes.
- Hugo III, arcebispo de Besançon.
- Clemencia, casada con Roberto II de Flandres, conde de Flandres, foi rexente de Flandres durante a ausencia do marido.
- Estefanía.
- Ermentruda, casada en 1065 con Teodorico I de Montbéliard.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- LE HÊTE, Thierry (1995): Les Comtes Palatins de Bourgogne, 1ª Ed., La Bonneville-sur-Iton, páx. 44.