[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Gregory Chamitoff

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaGregory Chamitoff

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento6 de agosto de 1962 Editar o valor en Wikidata (62 anos)
Montreal, Canadá Editar o valor en Wikidata
EducaciónInstituto Tecnolóxico de California
California Polytechnic State University (pt) Traducir
Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts
University of Houston–Clear Lake (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónastronauta, enxeñeiro Editar o valor en Wikidata
EmpregadorNASA, astronauta Editar o valor en Wikidata
Tempo no espazo198 días, 18 horas e 2 minutos Editar o valor en Wikidata
Misión do astronauta
Premios

Twitter: Astro_Taz Editar o valor en Wikidata

Gregory Errol Chamitoff é un astronauta estadounidense que formou parte das misión STS-124, STS-134 e STS-126 e das expedicións 17 e 18 da Estación Espacial Internacional. Pasou un total de 198,75 días no espazo.[1][2]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Chamitoff naceu o 6 de agosto de 1962 en Montreal, Canadá. É graduado en enxeñería eléctrica pola Universidade Politécnica do Estado de California en 1985, máster en enxeñería aeroespacial polo Instituto Tecnolóxico de Massachusetts en 1992 e máster en xeoloxía planetaría pola Universidade de Houston-Clear Lake en 2002. Está casado con Chantal Caviness e ten dous fillos. Entre as súas afeccións están o mergullo, o sendeirismo, o voo, o esquí, o aikido, o ilusionismo, tocar a guitarra e o xadrez.[1][2]

En 1995 comezou a traballar no Centro Espacial Johnson como controlador de guiado e control de voo, axudando a desenvolver software para o control de actitude en naves espaciais e predición, análise e optimización de manobras. Foi seleccionado pola NASA como candidato a astronauta en 1998, sendo xefe CAPCOM (Capsule Communicator) para a Expedición 9 e axudando no adestramento da Expedición 6. Participou tamén na misión NEEMO-3 da NASA, consistente en vivir e traballar nun módulo subacuático durante 9 días. En setembro de 2013 deixou a NASA para adicarse á docencia. .[1][2]

  1. 1,0 1,1 1,2 NASA, ed. (2018). "Gregory Errol Chamitoff (Ph.D.) NASA Astronaut (Former)" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 19 de xaneiro de 2017. Consultado o 7 de setembro de 2018. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Mark Wade (2018). "Chamitoff, Gregory Errol" (en inglés). Consultado o 7 de outubro de 2018. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]