[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Gran Romanía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A Gran Romanía (1918 - 1940)

A Gran Romanía (en romanés, România Mare) é un termo usado xeralmente para facer referencia ó territorio da Romanía no tempo de entreguerras (1918 a 1940), sendo a maior extensión xeográfica acadada por Romanía na súa historia.

Actualmente é un concepto xeopolítico do nacionalismo romanés que designa un suposto estado romanés que incluiría todas as rexións de fala romanesa. Neste concepto, estarían incluídas Transilvania, Valaquia, a Dobruxa (estas tres compoñen a República de Romanía dende 1947), máis Moldova, Besarabia e Bucovina, superpostas á antiga provincia romana de Dacia. Actualmente, a rexión romanófona está dispersa entre Romanía propiamente dita, e a república ex-soviética de Moldova xunto con minorías étnicas da Ucraína e Hungría.

O Banato, rexión outrora gobernada por romanos está hoxe repartida entre Hungría, Romanía e Serbia, é xeralmente deixase fóra da idea da Gran Romanía por non presentar unha gran porcentaxe de poboación de orixe romanesa.

A "Gran Romanía" e hoxe unha proposta defendida por partidos e movementos nacionalistas da Romanía e da Moldova, que buscan a unificación destes dous países.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]