Graciela Huinao
(2016) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 14 de outubro de 1956 (68 anos) Osorno, Chile |
Actividade | |
Ocupación | escritora, poetisa |
Membro de | |
Xénero artístico | Poesía |
Graciela del Carmen Huinao Alarcón, nada en Osorno o 14 de outubro de 1956, é unha narradora e poeta mapuche-huilliche en lingua castelá,[1] primeira muller indíxena en ingresar na Academia Chilena da Lingua.[2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Filla de Herminia Alarcón e Dolorindo Huinao (neta de Adolfo Huinao e Almerinda Loi Katrilef; bisneta de José Loi) ingresou na Escola 107 en 1962; en 1969, cando tiña 13 anos, perdeu á súa nai e 8 anos máis tarde, en 1977, ao seu pai, despois do cal emigrou a Santiago de Chile.[3]
Huinao publicou o seu primeiro poema, «La loika», en 1989 e o seu primeiro libro Walinto, en 2001 (foi reeditado en 2008 en mapuche, español e inglés). O nome deste poemario é o da comunidade mapuche na que naceu, situada a 36 quilómetros de Osorno.[2]
Escribiu así mesmo relatos, unha novela e antologado algúns libros, como Hilando en la memoria, 7 poetas mapuche (2006), Hilando en la memoria, epu rapa. 14 mujeres poetas mapuche (2009).[4]
Algunhas das súas obras foron traducidas a diversas linguas.
Obras
[editar | editar a fonte]- Walinto, poemario, edición bilingüe, con tradución ao mapuche de Clara Antinao Varas; editorial La Garza Morena, Santiago, 2001 (reeditado por Cuarto Propio, 2008, en volume trilingüe: mapuche-castelán-inglés)
- La nieta del brujo, seis relatos williche, Caballo de Mar, 2003
- Desde el fogón de una casa de putas williche, novela, CDM, 2010
- Katrilef, hija de un ülmen mapuche williche. Relato de su vida, ICIIS, 2015[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ «Huinao: La lengua mapuche sobrevive por la conciencia de su pueblo», El Telégrafo, 13.11.2015; consultado o 22.06.2017
- ↑ 2,0 2,1 "Graciela Huinao: “Es un orgullo ser la primera mujer indígena en la Academia Chilena de la Lengua”". www.biobiochile.cl. 18 de abril de 2014. Consultado o 21 de abril de 2014.
- ↑ Breve biografía con dos poemas
- ↑ "Biografía de Graciela Huinao". www.gracielahinao.cl. Arquivado dende o orixinal o 5 de xaneiro de 2014. Consultado o 21 de abril de 2014.
- ↑ «Graciela Huinao lanza libro de relatos inspirados en su bisabuela williche», El Ciudadano, 10.07.2015; consultado o 22.06.2017