Gloria Anzaldúa
(1990) | |
Nome orixinal | (es) Gloria E. Anzaldúa |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 26 de setembro de 1942 Rio Grande Valley (en) |
Morte | 15 de maio de 2004 (61 anos) Santa Cruz, Estados Unidos de América (pt) |
Causa da morte | Diabetes mellitus |
Educación | Edinburg High School (en) University of Texas–Pan American (en) University of Texas Rio Grande Valley (en) |
Actividade | |
Ocupación | escritora, xornalista, novelista, escritora de literatura infantil, poetisa, crítica literaria, filósofa |
Empregador | Universidade de California Universidade Estatal de San Francisco |
Obra | |
Obras destacables
| |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Encyclopedia of women in the American West (2003 ed.) (en) , (sec:Anzaldua, Gloria E. (1942-), p.11-14) Obálky knih, Latinas in the United States: A Historical Encyclopedia (en) |
Gloria Evangelina Anzaldúa, nada en Valle del Río Grande o 26 de setembro de 1942 e finada en Santa Cruz (California) o 15 de maio do 2004, foi unha académica, activista política, feminista, escritora e poeta estadounidense.[1][2][3][4][5][6]
Biografía
[editar | editar a fonte]Gloria Anzaldúa nace no Valle de Texas, Estados Unidos o 26 de setembro de 1942, filla de Urbano e Amalia Anzaldúa. Ós once anos, a súa familia trasládase a Hargill, Texas. Ós catorce anos, sofre a morte do seu pai. Anzaldúa pode lograr unha educación universitaria a pesar do racismo, sexismo e outras formas de opresión que ela experimenta na súa vida como unha texana de sétima xeración. Recibe o seu grao na Universidade de Texas-Panamericana, e a súa mestría da Universidade de Texas en Austin.
Anzaldúa traballa uns anos como mestra de escola antes de ir a Austin para obter a súa mestría, tamén completa os seus estudos de doutoramento en literatura comparativa na Universidade de Texas en Austin. En 1977 múdase a California onde fai os seus escritos, traballa como catedrática na Universidade Estatal de San Francisco; a Universidade de California en Santa Cruz; a Universidade Atlántica de Florida; e outras. Ela é a máis famosa coautora de This Bridge Called My Back: Writings by Radical Women of Color (1981) con Cherríe Moraga, autora de Making Face, Making Soul/Facendo Caras: Creative and Critical Perspectives by Women of Color (1990), e coautora de This Bridge We Call Home: Radical Visions for Transformation (2002). Tamén escribe Borderlands/La Frontera: The New Mestiza en 1987. Entre os seus libros para nenos Prietita Has a Friend (1991), Friends from the Other Side - Amigos del Otro Lado (1993), Prietita y la Llorona (1996). Anzaldúa tamén escribe moitos traballos de ficción e poesía. Os seus traballos móvense entre inglés e español ó mesmo tempo para converxer nunha soa lingua. En Borderlands identifícase con múltiples identidades. A súa autobiografía "La prieta," publícase en inglés na obra This Bridge Called My Back.
Anzaldúa contribuíu coa definición de feminismo, así como tamén na área cultural da teoría chicana e queer (lesbianas e gais). Unha contribución moi especial foi a introdución do termo mestizaxe para o público estadounidense, que significa a concepción do estado de estar 'máis aló'. Nos seus traballos teóricos, Anzaldúa invoca unha nova mestiza (“new mestiza”), que ela describe como un suxeito consciente dos seus conflitos de identidade e usa o termo o novo ángulo de visión (“new angles of vision”) co fin de retar o pensamento binario en Occidente. O modo de pensar da “new mestiza” atópase ilustrado no feminismo post-colonial.
Obra
[editar | editar a fonte]- This Bridge Called My Back: Writings by Radical Women of Color (1981)
- Borderlands/La Frontera: The New Mestiza (1987)
- Making Face, Making Soul/Haciendo Caras: Creative and Critical Perspectives by Feminists of Color (1990)
- Interviews/Entrevistas (2000)
- This Bridge We Call Home: Radical Visions for Transformation (2002)
Libros infantís
[editar | editar a fonte]- Prietita Has a Friend (1991)
- Friends from the Other Side -Amigos del Otro Lado (1995)
- Prietita y La Llorona (1996)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Hub Hermans; Francisco Lasarte. Literatura chicana (en español) (Volumen 9 de Foro hispánico ed.). Rodopi. ISBN 9051838735.
(Pag. 89)
Enlace en Google Books - ↑ Sexualidades transgresoras: una antología de estudios queer (en español) (Mujeres y culturas ed.). Icaria Editorial. ISBN 8474265622.
(Pag. 38)
Enlace en Google Books - ↑ El color de las sombras (en español) (ilustrada ed.). Universidad Iberoamericana. ISBN 9688565180.
(Pag. 109)
Enlace en Google Books - ↑ Preciado, Beatriz. "Multitudes queer.".
- ↑ Simons, Sarah. "Cruce de caminos". Arquivado dende o orixinal o 19 de setembro de 2016. Consultado o 05 de xuño de 2018.
- ↑ "Tristes noticias: ha muerto Gloria Anzaldúa". Consultado o 17 de decembro de 2023.