[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Gloster Javelin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gloster Javelin
Gloster Javelin FAW.Mk 9
Tipointerceptor todo-tempo
FabricanteGloster Aircraft Company
Primeiro voo26 de novembro de 1951
Introducido29 de febreiro de 1956
Retiradoabril de 1968
Principais usuariosRoyal Air Force
Unidades construídas436
VariantesGloster P.370

O Gloster Javelin é un avión interceptor bimotor todo-tempo que serviu coa Royal Air Force británica desde mediados da década de 1950 ata finais dos 60. É un avión de á delta de cola en T deseñado para operacións nocturnas e todo-tempo e foi o último deseño de avión en levar o nome de Gloster. Introducido en 1956 tras un longo período de desenvovemento, o avión recibiu varias actualizacións durante a produción para distintos sistemas como motores, radar ou armas, como a posibilidade de equipar o mísil aire-aire de Havilland Firestreak.

A raíz dunhas probas comparativas có futuro Sea Vixen, o Javelin foi escollido para substituír os cazas nocturnos Venom e Meteor en servizo nos escuadróns todo-tempo da RAF. O prototipo voou o 26 de novembro do 1951, pero era un avión demasiado innovador e os primeiros aparellos de serie non puideron ser entregados ata febreiro do 1956. As variantes sucesivas introducían un radar e uns motores novos, así como, no FAW.Mk 7, mísiles Firestreak. Cara aos anos 60, o Javelin foi retirado do Mando de Caza no 1964, da RAF Germany no 1966 e do Extremo Oriente en abril do 1968, sendo declarado obsoleto.

Especificacións

[editar | editar a fonte]

Tipo: Interceptador todotempo bipraza Gloster Javelin FAW.Mk 9.

Construtor: Gloster Aircraft Company

Ano: 1951

Principal usuario: Royal Air Force

Envergadura: 15,84 m.

Lonxitude: 17,29 m.

Altura: 4,88 m.

Área alar: 86 m².

Peso baleiro: 10.886 Kg.

Peso cargado: 14.325 Kg.

Planta motriz: 2 Bristol Siddeley Sapphire de 8.300 libras de pulo unitario.

Armamento: 2 canóns Aden de 30 mm a proa e 4 AAM Firestreak en soportes subalares.

Velocidade máxima: 620 millas/h

Alcance operacional: 930 millas