[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Gliese 176

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gliese 176
Data de observación
Época X2000.0      Equinoccio X2000.0
Constelación Taurus
Ascensión recta 04h 42m 55.78s[1]
Declinación +18° 57′ 29.40″[1]
Magnitude aparente (V) +9,95
Características
Tipo espectral M2V[2]
Índice de cor B−V 1,523 ± 0,025[1]
Tipo de variable BY Dra
Astrometría
Velocidade radial (Rv)26,4105 ± 0,0004[2] km/s
Movemento propio (μ) RA: 656,85 ± 3,81[1] mas/ano
Dec.: -1116,20 ± 2,49[1] mas/ano
Paralaxe (π)1067.83 ± 2.85[1]mas
Distancia3.054 ± 0.008 al
(0.936 ± 0.002 pc)
Magnitude absoluta (MV)10,10 ± 0,06[2]
Detalles
Masa0,50 ± 0,03[3] M
Luminosidade0,022[2] L
Temperatura3.346[3] K
Metalicidade [Fe/H]–0,1 ± 0,2[2] dex
Rotación40,00 ± 0,11[2] días
Velocidade rotacional (v sin i)≤0,8[2] km/s
Outras denominacións
HD 285968, HIP 21932, Ross 33
Referencias en bases de datos
SIMBADdatos
Enciclopedia de planetas
extrasolares
datos

Gliese 176 (HD 285968) é un anana vermella que está na constelación de Taurus. Baseándose nas medicións da paralaxe feitas pola misión Hipparcos, a estrela está situada a preto de 31 anos luz de distancia.[1] A estrela ten orbitando un planeta tipo Superterra.

Sistema planetario

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Gliese 176 b.

No 2008, anunciouse que esta estrela tiña un compañeiro planetario.[4] Isto baseouse nun programa de cinco anos de medicións de velocidades radiais co telescopio Hobby-Beber. Estas observacións amosaban unha periodicidade de 10,24 días,[2] a cal foi interpretada coma unha consecuencia da presenza dun planeta. Cunha semi-amplitude de 11,6 m/s, a masa mínima estimada do planeta foi de 24,5 veces a masa da Terra, ou 1,4 veces a masa de Neptuno.

Observacións feitas co espectrógrafo HARPS non puideron confirma-la variación de 10,24 días. Pola contra, outras dúas periodicidades foron detectadas en 8,78 e 40,0 días, con amplitudes por baixo do posible erro de observación do HET. A variación de 40 días coincide co período de rotación da estrela e, polo tanto, é causada pola actividade da mesma, pero a variación de curto prazo non é explicada pola actividade da propia estrela, e polo tanto, é causada por un planeta. A súa semi-amplitude de 4,1 m/s correspondese cunha masa mínima de 8,4 masas da Terra, facendo do planeta unha Super-Terra.

Nun estudo independente, observacións feitas co telescopio Keck tampouco conseguiron confirma-lo sinal de 10,24 días.[5] Detectouse unha periodicidade de 8,77 días - correspondente ó planeta anunciado polo equipo HARPS - á que se lle asignou unha importancia intermedia, pero non foi considerada o suficientemente importante para reclamar unha causa planetaria, baseándose só nos seus propios datos.

O sistema Gliese 176 [2]
Compañeiro
(en orde dende a estrela)
Masa Raio Semieixo maior
(UA)
Período orbital
(días)
Inclinación Excentricidade
b >8,4 M ? 0.066 8,7836 ± 0,0054 ? 0
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 van Leeuwen, F. (2007). "Validation of the new Hipparcos reduction". Astronomy and Astrophysics 474 (2): 653–664. Bibcode:2007A&A...474..653V. arXiv:0708.1752. doi:10.1051/0004-6361:20078357. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 2,8 Forveille, T.; et al. (Xaneiro do 2009). "The HARPS search for southern extra-solar planets. XIV. Gl 176b, a super-Earth rather than a Neptune, and at a different period". Astronomy and Astrophysics 493 (2): 645–650. Bibcode:2009A&A...493..645F. arXiv:0809.0750. doi:10.1051/0004-6361:200810557. 
  3. 3,0 3,1 Neves, V. e o seu equipo. (Marzo do 2013). "Metallicity of M dwarfs. III. Planet-metallicity and planet-stellar mass correlations of the HARPS GTO M dwarf sample". Astronomy and Astrophysics 551. Bibcode:2013A&A...551A..36N. arXiv:1212.3372. doi:10.1051/0004-6361/201220574. 
  4. Endl, Michael; Cochran, William D.; Wittenmyer, Robert A.; Boss, Alan P. (Febreiro do 2008). "An msini = 24 M Planetary Companion to the Nearby M Dwarf GJ 176". The Astrophysical Journal 673 (2): 1165–1168. Bibcode:2008ApJ...673.1165E. arXiv:0709.0944. doi:10.1086/524703. 
  5. Butler, R. Paul e o seu equipo. (Febreiro do 2009). "Nondetection of the Neptune-Mass Planet Reported Around GJ 176". The Astrophysical Journal 691 (2): 1738–1743. Bibcode:2009ApJ...691.1738B. doi:10.1088/0004-637X/691/2/1738.