[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Giacomo Casanova

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaGiacomo Casanova

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(it) Giacomo Girolamo Casanova Editar o valor en Wikidata
2 de abril de 1725 Editar o valor en Wikidata
Venecia (República de Venecia) Editar o valor en Wikidata
Morte4 de xuño de 1798 Editar o valor en Wikidata (73 anos)
Viena (Sacro Imperio Romano Xermánico) Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaDuchcov (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeRepública de Venecia Editar o valor en Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Padua - In utroque iure (pt) Traducir (–1742) Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoEscrita creativa e profesional e diplomacia Editar o valor en Wikidata
Ocupacióntradutor , diplomático , escritor , Aventureiro , novelista , bibliotecario , banqueiro , poeta , autobiógrafo Editar o valor en Wikidata
LinguaLingua italiana, lingua francesa, Lingua véneta e lingua alemá Editar o valor en Wikidata
InstrumentoViolín Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
FillosLeonilda Castelli (en) Traducir, Cesarino Lanti (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
PaisGaetano Casanova (pt) Traducir e Michele Grimani Editar o valor en Wikidata  e Zanetta Farusi Editar o valor en Wikidata
IrmánsGiovanni Battista Casanova (pt) Traducir e Francesco Casanova Editar o valor en Wikidata
Premios

IMDB: nm0142916 BNE: XX897235 Discogs: 3020946 Find a Grave: 6653395 Editar o valor en Wikidata

Giacomo Girolamo Casanova, cabaleiro de Sengalt (título nobiliario que el mesmo se concedeu), nado en Venecia o 2 de abril de 1725 e finado o 4 de xuño de 1798 en Dukhtsov, na actual República Checa, foi un aventureiro, viaxeiro e escritor italiano.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

O seu nome ficou asociado coas súas numerosas aventuras amorosas, que fixeron del un símbolo de conquistador. A súa fama como escritor baséase no seu voluminoso libro autobiográfico Historia da miña vida, escrito en francés e traducido a máis de vinte linguas, no que amosa un amplo panorama da vida das clases altas e burguesas da Europa do seu tempo e relata as súas relacións con mulleres de todos os ámbitos da sociedade. Casanova é un personaxe de lenda na cultura mundial á que dedicaron obras literarias ou ensaios Richard Aldington, Arthur Schnitzler, Marina Tsvetaeva ou Stefan Zweig. É tamén protagonista dunha ópera de Johann Strauss e da película O Casanova, de Federico Fellini.