Ghedi
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
País | Italia | ||||
Rexión | Lombardía | ||||
Provincias | Provincia de Brescia | ||||
Capital | Ghedi | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 18.497 (2023) (308,28 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 60 km² | ||||
Altitude | 85 m | ||||
Comparte fronteira con | Bagnolo Mella (pt) Montichiari (pt) Calvisano (pt) Gottolengo (pt) Leno (pt) Castenedolo (pt) Isorella (pt) Borgosatollo (pt) Montirone (pt) | ||||
Santo padrón | Roque de Montpellier | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 25016 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 030 | ||||
Identificador ISTAT | 017078 | ||||
Código catastral italiano | D999 | ||||
Sitio web | comune.ghedi.brescia.it |
Ghedi (Ghét no dialecto bresciano) é un municipio (comune) situado na provincia de Brescia (Lombardía). Ten dúas aldeas (frazioni), Belvedere e Ponterosso.
A cidade é a sede dun destacamento da Aeronautica Militare italiana, situado no aeroporto de Ghedi, onde se sitúa a estación meteorolóxica de Brescia-Ghedi.
Xeografía e demografía
[editar | editar a fonte]O concello de Ghedi ten unha extensión de 60,84 km² e unha poboación de 18 910 habitantes (segundo o censo de 30 de novembro de 2009),[1] do que resulta unha densidade de poboación de 310,82 hab/km². A súa poboación, segundo datos do ISTAT (Istituto nazionale di statistica), está medrando máis do 10 % por década.
Os seus habitantes, chamados ghedesi, falan, ademais do italiano, a lingua lombarda, na súa variedade do dialecto bresciano.[2][3]
Situada a 85 m sobre o nivel do mar, o núcleo antigo da localidade formouse ao redor dun recinto fortificado, cuxo lugar, aínda hoxe, chaman o Castello.
Desde o 22 de xuño de 2009, o alcalde (Sindaco) é Lorenzo Borzi, da coalición Fratelli d'Italia - Alleanza Nazionale (FdI-AN), de centro dereita.
A igrexa parroquial foi reedificada na primeira metade do século XVII sobre unha basílica románica do século VIII.[4]
En Ghedi ten a sede a Sexta Ala (6° Stormo) das Forzas aéreas de Italia (Aeronautica Militare), xunto ao aeroporto de Ghedi-Castenedolo, onde está localizada a estación meteorolóxica de Brescia-Ghedi.
Monumentos e lugares de interese
[editar | editar a fonte]- Chiesa Parrocchiale (Igrexa parroquial): constuída sobre unha igrexa parroquial antiga, é un edificio do século XVII. Acaroado a ela encóntrase o campanario, do século XV (Quattrocento).[4]
- Palazzo comunale (Casa do Concello): de orixe medieval con trazas arquitectónicas dos séculos XV e XVI.
- Loggia delle grida: do Quattrocento
- Chiesetta della Beata Vergine di Caravaggio (Capela da Beata Virxe de Caravaggio: construída en 1759.
- Santuario dei Morti della Fossetta ou de San Rocco (san Roque): construído en memoria da peste de 1630.
- Palazzo Mondella: do século XVIII, coa fachada decorada con escudos de armas.
- Palazzo Ochi: do século XVIII.
Personaxe célebre relacionado con Ghedi
[editar | editar a fonte]- Lois II o Mozo, rei de Italia e emperador de Occidente, morreu en Ghedi o 12 de agosto de 875.[5]
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Intarior da igrexa de Santa Maria Assunta.
-
Chiesetta Beata Vergine di Caravaggio.
-
Santuario dei Morti della Fossetta ou de San Rocco.
-
Palazzo Comunale.
-
Palazzo Mondella.
-
Palazzo Ochi.
-
Avión das Forzas Aéreas italianas no aeroporto de Ghedi.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Datos do ISTAT Arquivado 03 de novembro de 2016 en Wayback Machine..
- ↑ Toponimi in dialetto bresciano
- ↑ VV. AA. (1966): Dizionario di toponomastica. Storia e significato dei nomi geografici italiani. Milano: GARZANTI, p. 303.
- ↑ 4,0 4,1 Angelo Bonini 2008.
- ↑ Louis "le Jeune" Arquivado 14 de novembro de 2016 en Wayback Machine. en Medieval Lands (en inglés). Consultada o 14 de novembro de 2016.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ghedi |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Angelo Bonini (2008). La chiesa parrocchiale di S. Maria Assunta in Ghedi. Origini, storia, arte, società. Brescia: Fondazione Civiltà Bresciana. ISBN 978-8855900003.
- Angelo Bonini (2012). Il santuario della Madonna di Caravaggio in Ghedi. Brescia: BAMS. ISBN 978-8890552984.
- Angelo Bonini (2016). Il convento di Santa Maria delle Grazie in Ghedi. Brescia: BAMS. ISBN 978-88-97941-16-3.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Web oficial da Comune di Ghedi (en italiano). Consultada o 14 de novembro de 2016.