Georgii Lvov
Nome orixinal | Georgii Evgenevich Lvov | ||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Biografía | |||||||||||||||
Nacemento | Георгий Евгеньевич Львов 2 de novembro de 1861 Dresden, Alemaña | ||||||||||||||
Morte | 7 de marzo de 1925 (63 anos) Boulogne-Billancourt, Francia | ||||||||||||||
Lugar de sepultura | Cemitério Russo de Sainte-Geneviève-des-Bois (pt) | ||||||||||||||
Cargos estadista e político | |||||||||||||||
Datos persoais | |||||||||||||||
Educación | Moscow State University, Faculty of Law (en) Polivanovskaia Gymnasium (en) | ||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||
Ocupación | primeiro presidente da Rusia post-imperial | ||||||||||||||
Período de actividade | entre o 15 de marzo e o 21 de xullo de 1917 | ||||||||||||||
Partido político | Partido Democrático Constitucional Partido Progressista (pt) | ||||||||||||||
Membro de | |||||||||||||||
Outro | |||||||||||||||
Título | Príncipe | ||||||||||||||
Familia | House of Lvov (en) | ||||||||||||||
Pai | Yegeny Lvov | ||||||||||||||
Irmáns | Aleksey Lvov Sergey Lvov | ||||||||||||||
Descrito pola fonte | Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Львов Георгий Евгеньевич) 1922 Encyclopædia Britannica (en) Enciclopedia soviética armenia, volume 4, (p.670) | ||||||||||||||
Lista
|
Georgii Evgenevich Lvov (en ruso: Георгий Евгеньевич Львов), nado en Dresde o 30 de novembro de 1861 e finado o 7 de marzo de 1925, foi un nobre ruso, primeiro presidente da Rusia post-imperial, entre o 15 de marzo e o 21 de xullo de 1917.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Pre-Revolución
[editar | editar a fonte]O príncipe Lvov naceu nunha familia nobre, descendente dos príncipes soberanos de Iaroslavl. Non moito despois do seu nacemento, a súa familia mudouse a Popovka, preto de Tula (Rusia) desde Alemaña. Graduouse en Dereito na Universidade de Moscova e traballou como funcionario ata 1893. Durante a guerra ruso-xaponesa, organizou traballos de reforzo no leste e en 1905, alistouse no partido Liberal. Un ano despois, gañou a elección para a primeira Duma. Foi o presidente da Unión de Zemstovs en 1914 e en 1915 chegou a ser o líder desta así como da Unión de Cidades que axudaron con voluntarios para a Guerra Mundial.
Últimos anos
[editar | editar a fonte]Despois da Revolución de Febreiro e a abdicación do tsar Nicolao II, Lvov accedeu ó poder do Goberno Provisional en 1917. Ao non alcanzar suficientes apoios, dimitiu en xullo dese ano en favor do ministro de Xustiza Aleksandr Kerenskii. Lvov foi arrestado cando os bolxeviques se fixeron co poder ó ano seguinte. Escapou e exiliouse en París onde pasou o resto da súa vida.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Diciopedia do século 21 2. 2006. p. 1.264.
Lvov, Gueorgui Yevguénievich Príncipe ruso (1861-1925)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Rusia |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Jackson, George; Devlin, Robert (1989). Dictionary of the Russian Revolution (en inglés). Greenwood Press. pp. 722. ISBN 9780313211317.
- Rabinowitch, Alexander (1978). The bolsheviks come to power. The revolution of 1917 in Petrograd (en inglés). W. W. Norton & Company. p. 393. ISBN 9780393008937.
- Rabinowitch, Alexander (1991). Prelude to Revolution: The Petrograd Bolsheviks and the July 1917 Uprising (en inglés). Indiana University Press. p. 320. ISBN 9780253206619.
- Radkey, Oliver H. (1958). The Agrarian Foes of Bolshevism: Promise and Default of the Russian Socialist Revolutionaries February to October 1917 (en inglés). Columbia University Press. pp. 521. ISBN 9780231021708.
Predecesor: Miguel II de Rusia |
Presidente do Goberno Provisional 1917 (15 de marzo - 21 de xullo) |
Sucesor: Aleksandr Kerenskii |