George Wendt
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) George Robert Wendt Jr 17 de outubro de 1948 (76 anos) Chicago, Estados Unidos de América |
Educación | Rockhurst University (en) Universidade de Notre Dame (pt) Campion High School (en) |
Actividade | |
Ocupación | actor, actor de televisión, actor de cinema, actor de teatro |
Período de actividade | 1978 - |
Familia | |
Parentes | Jason Sudeikis, sobriño |
|
George Wendt, nado o 17 de outubro de 1948 en Chicago, Illinois, é un actor estadounidense.
Carreira
[editar | editar a fonte]O primeiro papel de Wendt foi de actor secundario en Somewhere in time, un filme de ciencia ficción escrito por Richard Matheson, estreado en galego como Algures no tempo,[1] protagonizado por Christopher Reeve, Jane Seymour e Christopher Plummer.
Cheers
[editar | editar a fonte]O papel máis famoso de George Wendt é probabelmente o cliente habitual Norm Peterson na serie de televisión Cheers, sentado no bar e tomando cervexa. É o único actor, xunto a Ted Danson e Rhea Perlman, que aparece en todos os episodios de Cheers. Wendt tamén é o único actor que interpretou ao mesmo personaxe en sete series de TV diferentes: alén de Cheers, interpretou a ese personaxe convidado en Family Guy, Frasier, St. Elsewhere, The Simpsons, The Tortellis e Wings. Ademais, participou na serie Hot in Cleveland en 2011 cando o amish Joden ao entrar no Amischbar, é recibido polos presentes cun "Olá Joda" e o camareiro lembra a Woody Harrelson, o camareiro de Cheers. O personaxe tamén foi mencionado en A Nanny.
Wendt foi nomeado seis veces ao Emmy polo seu papel en Cheers.
Outros papeis
[editar | editar a fonte]Apareceu noutras series como M*A*S*H, Columbo, Seinfeld, Sabrina - The Teenage Witch, no videoclip de Michael Jackson Black or White facendo de pai de Macaulay Culkin, e en programas como The Masked Singer.[2]
Wendt tamén estivo activo como actor de teatro. A finais dos anos 90 estivo no London Theater Wyndham con Yasmina Reza; en 2012, interpretou a Dean na versión musical do filme Re-Animator.[3]
Familia
[editar | editar a fonte]George Wendt está casado con Bernadette Birkett e teñen tres fillos: Hilary, Joe, e Daniel.[4] É neto do fotógrafo Tom Howard e tío do actor Jason Sudeikis.[5]
Notas
- ↑ "Programación da TVG". ABC. 18 de setembro de 1989. Consultado o 12 de decembro de 2017.
- ↑ "Masked Singer unveils Selling Sunset and Cheers stars in double unmasking". Digital Spy (en inglés). 2023-03-30. Consultado o 2023-10-22.
- ↑ Jones, Gareth (2014-07-10). "Haunter (UK DVD)". Dread Central (en inglés). Consultado o 2023-10-22.
- ↑ "George Wendt". TV Guide. Consultado o 31 de xaneiro de 2021.
- ↑ McRady, Rachel (2014-02-24). "Jason Sudeikis Hangs Out With Uncle, Cheers Star George Wendt: Picture". Us Weekly (en inglés). Consultado o 2023-10-21.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: George Wendt |