Garbiñe Muguruza
(2016) | |||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | (es) Garbiñe Muguruza Blanco 8 de outubro de 1993 (31 anos) Caracas, Venezuela | ||||||||||||||||
Residencia | Xenebra | ||||||||||||||||
Altura | 182 cm | ||||||||||||||||
Peso | 73 kg | ||||||||||||||||
Lateralidade | destro | ||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||
Ocupación | tenista (2011–2024) | ||||||||||||||||
Período de actividade | marzo de 2012 - abril de 2024 | ||||||||||||||||
Patrimonio estimado | 24.813.379 $ | ||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | España | ||||||||||||||||
Deporte | tenis | ||||||||||||||||
Disciplina deportiva | tenis individual tenis dobres | ||||||||||||||||
Man de xogo | destro e revés a dúas mans | ||||||||||||||||
Adestrado por | Alejo Mancisidor (en) (2010–2015) Conchita Martínez | ||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||
24 de xullo de 2021 | Tênis nos Jogos Olímpicos de Verão de 2020 - Simples feminino (pt) (5ª) | ||||||||||||||||
24 de xullo de 2021 | Tênis nos Jogos Olímpicos de Verão de 2020 - Duplas femininas (pt) (9ª) | ||||||||||||||||
2021 | Ténis nos Jogos Olímpicos de Verão de 2020 (pt) | ||||||||||||||||
2016 | Tênis nos Jogos Olímpicos de Verão de 2016 - Simples feminino (pt) (9ª) | ||||||||||||||||
2016 | Tênis nos Jogos Olímpicos de Verão de 2016 - Duplas femininas (pt) (5ª) | ||||||||||||||||
Garbiñe Muguruza Blanco, nada en Guatire (Venezuela) o 8 de outubro de 1993, é unha extenista profesional hispanovenezolana que ten a dobre nacionalidade. Por decisión persoal decidiu representar a España nos torneos da WTA e na Copa Federación de Tenis da ITF. É a actual número 1 da clasificación mundial da WTA dende o 11 de setembro de 2017[1] nesta data por primeira vez na historia os números un do tenis mundial son españois, ó coincidir o reinado de Garbiñe co do balear Rafa Nadal[2].
O 4 de xuño de 2016 proclamouse campioa de Roland Garros, primeiro Grand Slam da súa carreira, logo de vencer na final a Serena Williams, número un do mundo,[3] situándose na segunda posición da clasificación da WTA. A súa mellor clasificación ata o momento era o posto número 3, acadado en outubro de 2015 cando chegou á final do Campionato de Wimbledon, final que perdeu precisamente contra Serena Williams, no ano 2017 acada o título británico ó derrotar a Venus Williams por 7-6 e 6-0 na final, facéndose con seu segundo Grand Slam[4].
Na súa carreira gañou tamén tres títulos WTA en individuais, un deles categoría Premier Mandatory e tres en dobres. A nivel ITF gañou sete torneos individuais e un en dobres. En 2015 recibiu a medalla de bronce da Real Orde do Mérito Deportivo.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "¡Garbiñe Muguruza, nueva número uno mundial!". Mundo Deportivo. Consultado o 2017-09-20.
- ↑ "Nadal y Muguruza, doblete histórico en el número 1". Mundo Deportivo. Consultado o 2017-09-20.
- ↑ Garbiñe Muguruza tumba a Serena Williams e devolve Roland Garros ao tenis feminino español
- ↑ "Garbiñe Muguruza destroza a Venus Williams y conquista su primer Wimbledon". ELMUNDO (en castelán). Consultado o 2017-07-24.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Garbiñe Muguruza |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial (en inglés)
- Perfil ATP (en inglés)