[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Goma

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A palabra galega goma, do latín vulgar gŭmma, á súa vez do latín cummi e este do grego κόμμι, pode referirse a:

  • Goma: Substancia mucilaxinosa ou viscosa procedente de certas árbores, insolúbel en alcol e solúbel en auga. Empréganse en farmacia e tamén na industria para fabricar colas e vernices. Caucho. Por extensión, un cacho desta substancia.
  • Goma: fita elástica que pode ter forma circular e que serve para suxeitar cousas. Goma elástica.
  • Goma: en medicina nome que reciben certos tumores.
  • Goma arábiga: Substancia polisacárida amarelenta obtida de certas acacias orixinarias de Arabia, empregada como produto medicinal e con múltiples aplicacións industriais.
  • Goma de mascar: Resina aromatizada para mascar, que se obtén dunha árbore suramericana ou mediante procedementos artificiais.
  • Goma de borrar: cacho de goma para borrar o risco do lapis.
  • Goma (xogo): Xogo popular no que se debe saltar unha goma elástica, prendela cos pés, estirala e cruzala, ou pisala, segundo as versións.
  • Goma xantana: E-410
  • Goma-2: Explosivo plástico.
  • Goma 2: banda galega de rock da década de 1970.
  • Goma: coloquialmente, pneumático.
  • Goma: coloquialmente, condón.

Toponimia

[editar | editar a fonte]
  • Goma: cidade da República Democrática do Congo, a estremar con Ruanda