Golubkina (cráter)
Golubkina | |
---|---|
Imaxe de radar do cráter Golubkina, combinando resolución das Venera 15/16 e da sonda Magallanes. | |
Tipo de accidente xeolóxico | Cráter |
Accidente xeolóxico de | Venus |
Diámetro | 28,4 km[1] |
Profundidade | ? |
Coordenadas | 60,3° N 286,5° E[1](coord. centrais) |
Procedencia do nome | en honra a escultora rusa Anna Golubkina.[1] |
Golubkina é un cráter de impacto situado na superficie do planeta Venus, concretamente está nas coordenadas 60,3° N 286,5° E.[1] O cráter ten unhas paredes interiores con chanzos (ou socalcos) e un pico central típico do grandes cráteres de impacto de Venus, a Lúa e a Terra. Os socalcos das paredes interiores do cráter formáronse en etapas tardías da evolución do cráter, xa que se formaron polo colapso da cavidade que se formou inmediatamente despois do impacto do meteorito, normalmente estas cavidades fórmanse nos primeiros momentos do impacto pola dilatación das capas superficiais do que máis tarde será o chan do cráter. O pico central formase polo efecto de rebote no centro do cráter.[2]
O chan tan suave e un uniforme que posúe este cráter podería deberse o recheo do chan do cráter por capas de lava. A morfoloxía escabrosa e de bloques do material expulsado no impacto, e a forma en socalcos (ou chanzos) das paredes interiores suxiren que este cráter é relativamente recente.[3]
O cráter recibiu o nome da escultora rusa Anna Golubkina.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 USGS Astrogeology (ed.). "Planetary Names: Crater, craters: Golubkina on Venus". Gazetteer of Planetary Nomenclature. Consultado o 01-12-2011.
- ↑ JPL/NASA (ed.). "PIA00209: Venus - 3D Perspective of Golubkina Crater". Photojournal. Consultado o 01-12-2011.
- ↑ JPL/NASA (ed.). "PIA00210: Venus - Golubkina Crater". Photojournal. Consultado o 01-12-2011.