[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Golfo de La Spezia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaGolfo de La Spezia
Imaxe
TipoGolfo Editar o valor en Wikidata
Parte deMar de Liguria Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaProvincia de La Spezia, Italia Editar o valor en Wikidata
Mapa
 44°03′50″N 9°53′00″L / 44.06389, 9.88333
Bañado porMar de Liguria Editar o valor en Wikidata

O golfo de La Spezia (do lígur Gorfo da Spezza) é unha ampla e fonda enseada situada na costa noroeste do mar da Liguria, na rexión italiana do mesmo nome, a poucos quilómetros da fronteira coa Toscana.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

O golfo é unha profunda fenda na que se sitúa a cidade que lle dá Laome, A Spezia, capital da provincia homónima, á cal petecen ascostas do golfo.

Coñecido polo apelativo de «Golfo dos poetas» (Golfo dei poeti), está rodeado por unha cadea de outeiros. Co monte Parodi como cumio, atópase na periferia occidental da cidade. O golfo, cunha boca de 10,2 km de ancho orientada ao sur, esténdese desde o cabo Montemarcelo, no sueste, até a illa Palmaria (e os illotes Tino e Tinetto) no noroeste. A partir desa área comeza o amplo golfo de Xénova.

O golfo ten no seu interior unha ampla zona de abrigo dunhas 150 ha, pechada por un dique externo de 2,21 km. Conta con dous pasos laterais, un ao oeste duns 400 m e outro ao leste de aproximadamente 200 m. Nesa parte o golfo ten unha profundidade de 46 metros e un ancho de 3,2 km.

Nel sitúanse pequenas localidades con portos recreativos: na ribeira oriental, Tellaro, Maralunga, Lerici, San Terenzo e Muggiano; e na occidental, Marola, Fezzano, A Grazie, Terrizo e Portovenere, ao bordo da canle de Illa Palmaria. Pertencen ao conxunto de Cinque Terre, declarado Patrimonio da Humanidade da Unesco.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]