Código
Aparencia
Esta é unha páxina de homónimos, unha axuda de navegación que presenta unha lista de páxinas que comparten o mesmo título porque se pronuncian ou escriben igual. Se chegaches aquí a través dunha ligazón interna, quizais desexes corrixila de modo que apunte ao artigo axeitado. Podes axudarte do detector de homónimos, activándoo en: Preferencias → Trebellos → Navegación → Homónimos: Activar o detector de homónimos. |
Código pode referirse a:
- En lingüística, un código é un sistema de sinais para enviar unha mensaxe.
- Na teoría da información, un código é a forma que toma a información dun sistema informático.
- En dereito, un código é o conxunto unitario, ordenado e sistematizado de normas, como o código civil ou o código penal.
- Código de Hammurabi, conxunto de leis da antiga Mesopotamia (1700 a.C.).
- Código de Eurico, código de leis promulgadas polo rei visigodo Eurico cara ao 476.
- En informática, o código binario é o sistema no que se basea a computación.
- En programación, o código fonte é un texto escrito nunha linguaxe de programación compilado ou interpretado para executarse nunha computadora.
- En xenética, o código xenético é a regra de correspondencia entre a serie de nucleótidos en que se basean os ácidos nucleicos e as series de aminoácidos (polipéptidos) en que se basean as proteínas.
- En economía, o código de barras é unha marcación da etiquetaxe dos produtos que permite unha identificación do produto e do fabricante.
- O Código postal, serie de caracteres que se inclúen nos enderezos postais para axilizar o servizo de correos.
- O Código telefónico, un prefixo numérico que identifica xeograficamente os números de teléfono.