Bugatti Type 57
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde marzo de 2016.) |
Bugatti Type 57 | |
Fabricante | Bugatti |
Produción | 710 producidos |
Período | 1934 - 1940 |
Configuración | |
Tipo | Gran turismo |
Características técnicas | |
Motor | 3.257 cc DOHC 8 en liña |
Modelos relacionados | |
Antecesor | Bugatti Type 49 |
Sucesor | Bugatti Type 101 |
O Bugatti Type 57 e as variantes posteriores (incluíndo os famosos Atlantic e Atalante) foi un deseño completamente novo de Jean Bugatti, fillo do fundador Ettore. Os Tipo 57 foron construídos desde 1934 ata 1940, cun total de 710 unidades producidas.
A maioría dos Tipo 57 utilizaron un motor con dobre árbore de levas (twin-cam) de 3.257 cc baseado no do Tipo 49, pero moi modificado por Jean Bugatti. A diferenza dos motores de accionamento por cadea de dobre leva do Tipo 50 e 51, o motor do 57 utilizaba engrenaxes para transmitir potencia desde o veo de manivelas.
Había dúas variantes básicas do Tipo 57:
O chasis do Type 57 e o motor foron recuperados en 1951 no Bugatti Type 101 para unha curta produción.
Un Tipo 57 redescuberto vendeuse por 3´4 millóns de euros nunha poxa o 7 de febreiro de 2009 no salón do automóbil de París.[1]
Type 57G Tank
[editar | editar a fonte]O famoso Tipo 57G Tank de carreiras con carrozaría tipo tanque usou o chasis do 57S en 1936 e 1937 e a do 57C de 1939.
Producironse tres unidades do Type 57G Tank. O chasis número 57335, o gañador de Le Mans, é o único que aínda existe e actualmente atópase en exhibición no Museo Automotriz da Fundación Simeone en Filadelfia (Estados Unidos).[2]
Type 57
[editar | editar a fonte]O Tipo 57 orixinal foi un modelo de turismo producido desde 1934 ata 1940. Utilizaba o motor de 3´3 L (3257 cc) dos coches de Gran Premio Tipo 59, producía 135 cabalos de forza ( 100 kW). A velocidade máxima era de 153 km/h.
Tiña unha distancia entre eixes de 3.302 mm e unha anchura de 1.349 mm. As versións de estrada pesaban sobre 950 kg.. En 1938 os freos hidráulicos substituíron as unidades que funcionan con cable, unha modificación de Ettore Bugatti moi discutida. Producíronse 630 unidades.
O Tipo 57 orixinal de estrada incluía unha versión máis pequena da grella en forma de ferradura do Royale. Os lados do compartimento do motor cubríronse con obturadores controlados por termóstatos. Era un coche alto, en contra dos gustos da época.
Dimensións:
- Distancia entre eixes: 3.302 mm
- Largo: 1.349 mm
- Peso: 950 kg.
Type 57T
[editar | editar a fonte]O mellorado Tipo 57T aumentou o rendemento do tipo 57 básico. Era capaz de alcanzar 185 km/h.
Type 57C
[editar | editar a fonte]O Tipo 57C foi unha versión de carreiras construído desde 1937 ata 1940, con preto de 750 unidades producidas. Compartiu o motor 3´3 L do Tipo 57 de estrada pero producía 160 cabalos de forza (119 kW) equipado cun sobrealimentador tipo Roots.
Type 57C Tank
[editar | editar a fonte]O famoso Tipo 57C Tank gañou o Gran Premio de Francia de 1936, así como as 24 Horas de Le Mans de 1937. Utilizaba un motor diferente de 4´7 L (4743 cc).
Type 57S
[editar | editar a fonte]O Tipo 57S/SC é un dos coches máis coñecidos Bugatti. O "S" significaba "surbaissé" ("baixo"). Que incluía unha caída en forma de V na parte inferior do radiador e grellas de malla a cada lado do compartimento do motor.
Baixar o coche foi unha empresa importante. O eixe traseiro pasaba agora a través do bastidor traseiro en lugar de montarse debaixo del, e foi necesario un sistema de lubricación de cárter seco para encaixar o motor baixo o novo capó. O 57S tiña practicamente unha suspensión independente diante, aínda que Ettore desprezaba esa noción.
Só foron construídos 43 coches "surbaissé".[3]
Dimensións:
- Distancia entre eixes: 2.979 mm.
- largo: 1.349 mm.
- Peso: 950 kg.
Type 57SC
[editar | editar a fonte]- Ver tamén Bugatti Type 57SC Atlantic (57374)
Só dous coches Tipo 57SC sobrealimentados foron construídos novos, pero a maioría dos propietarios de 57S querían a potencia adicional proporcionada polo compresor. Polo tanto, a maior parte dos coches orixinais Tipo 57S volveron a Molsheim para a instalación dun compresor, elevando os 175 cabalos de forza (130 kW) iniciais a 200 cabalos de forza (150 kW) e 190 km/h.
O Atlantic e o coche de aliaxe "Aérolithe"
[editar | editar a fonte]A carrozaría Atlantic do Tipo 57S presentaba as fluídas liñas dun cupé cunha pronunciada costura dorsal correndo de diante a atrás. Baseábase no prototipo "Aérolithe" de 1935. Do mesmo xeito que o Tipo 59 Grand Prix, o Aérolithe utilizaba Elektron (unha aliaxe de magnesio) ou duraluminio (unha aliaxe de aluminio) para os seus paneis da carrozaría. Polo tanto, os paneis da carrozaría estaban cravados externamente, creando a característica costura.
Na produción dos Atlantic (só fixéronse catro) utilizaron aluminio liso. Pero as costuras dorsais foron mantidas por estilo, e provocaron á actual fama do coche.
Actualmente consérvanse só dous coches. Un atópase na colección de Ralph Lauren, o segundo era propiedade do Dr. Peter Williamson. O coche de Williamson (# 57374) foi vendido por entre 30 e 40 millóns de dólares nunha poxa en maio de 2010 para o Mullin Automotive Museum de Oxnard, California.
Type 57 S45
[editar | editar a fonte]Un especial Tipo 57 S45 utilizou un motor de 4.743 cc como o tank.
Type 57S Tank
[editar | editar a fonte]Outro Tank, esta vez sobre a base do Tipo 57S "surbaissé", gañou de novo Le Mans en 1939. Pouco despois, Jean Bugatti colleu o coche gañador para unha proba na estrada Molsheim - Estrasburgo. Desviouse para evitar un ciclista ebrio na estrada pechada, Bugatti estrelouse co coche e morreu aos 30 anos.
Atalante
[editar | editar a fonte]O Atalante era unha carrozaría estilo cupé de dúas portas similar e construído logo do Atlantic, construído tanto sobre o Tipo 57 como no 57S, pero cun parabrisas dunha soa peza. Só fixéronse 17 modelos Atalante, catro dos cales atópanse no museo Cité de l'Automobile en Mulhouse, Francia (anteriormente coñecido como Musee Nationale de L'Automobile de Mulhouse). O nome Atalante deriva da heroína da mitoloxía grega, Atalanta.
Type 57S Atalante redescuberto
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Bugatti Type 57S Atalante número 57502.
En 2008 un Bugatti Tipo 57S co chasis número 57.502 do ano 1937 con carrocería Atalante foi descuberto por Francis Curzon, quinto Conde de Howe nun garaxe privado en Newcastle upon Tyne, logo de estar gardado sen tocar durante 48 anos e coñecido unicamente por un selecto grupo de persoas.[4]
Foi poxado en febreiro de 2009 no Salón Retromobile en París, Francia, vendeuse por 3´4 millóns de euros, converténdose nun dos coches máis valiosos da historia do automóbil, debido en gran parte ao seu extremadamente baixo quilometraxe, ao seu estado orixinal e ó pedigree da propiedade.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Classic Bugatti makes 3.4m euros". BBC News online. 4 de novembro de 2008. Consultado o 10 de xullo de 2009.
- ↑ Simeone, Frederick A. (2009). The Spirit of Competition. Filadelfia, Estados Unidos: Coachbuilt Press. p. 229. ISBN 9780977980949.
- ↑ 1937 Bugatti Type 57S. conceptcarz.com. undated. Consultado o 1 de xaneiro de 2009.
Tradución do orixinal: O tipo 57S foi unha versión deportiva cunha curta distancia entre eixes, de dobre árbore de levas, oito en liña, 3´3 litros modelo Tipo 57 de Bugatti, contaba cun radiador en 'V'. Só foron construídas 43 unidades entre 1936 e 1938. O Tipo 57S foi chamado o último Bugatti de estrada. É tamén un dos máis raros ... O Tipo 57 e as súas variantes foron deseñados para o seu uso en estrada ... O catálogo de carrozarías incluían varias versións do Cupé Ventoux, o Galibier un sedán de catro portas, o Stelvio cabriolet, Atalante e Atlantic. O Atlantic, e o seu derivado o Atalante, construíronse en configuración cupé de dúas portas.
- ↑ "Car worth £3m is found in garage". BBC Online. 1 de xaneiro de 2009.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Bugatti Type 57 |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Ray Bonds (2003). The Illustrated Directory of Sports Cars. Motorbooks. ISBN 0-7603-1420-9.