BremSat
BremSat | |
---|---|
Lanzamento do BremSat desde a bodega de carga do Discovery. O satélite é o azul cara ao centro e a esquerda da imaxe. | |
Tipo | Experimental/tecnolóxico. |
Organización | ZARM |
Data de lanzamento | 12 de febreiro de 1995[1][2][3] |
Foguete portador | Transbordador espacial Discovery[2][4] |
Sitio de lanzamento | Cabo Cañaveral[2] |
Obxectivo da misión | Estudos en microgravedade e sobre a reentrada atmosferica.[2][4] |
Regreso | 12 de febreiro de 1995[1] |
NSSDC ID | 1994-006H |
Masa | 63 kg[2][4][5] |
Dimensións | Dodecaedro de 48 cm de diámetro e 52 cm de altura.[2] |
BremSat foi un satélite artificial alemán lanzado desde a bodega de carga do transbordador espacial Discovery durante a misión STS-60.
Características
[editar | editar a fonte]BremSat foi construído polo Centro de Tecnoloxía Espacial Aplicada e Microgravidade (ZARM polas súas siglas en alemán), pertencente á Universidade de Bremen co patrocinio da Axencia Espacial Alemaña. Tiña forma de dodecaedro de 48 centímetros de diámetro e 52 centímetros de altura.[2]
O satélite foi inxectado nunha órbita inicial de 363 x 344 quilómetros e cunha inclinación orbital de 56,9 graos e reentrou na atmosfera o 12 de febreiro de 1995.[2]
Obxectivos da misión
[editar | editar a fonte]A misión de BremSat dividiuse en tres fases:[2]
- Microgravedade, a bordo do transbordador, antes de ser lanzado.
- Orbital, trala inxección en órbita.
- Reentrada atmosferica.
Os obxectivos eran facer medicións de condutividade de calor, forzas de aceleración residuais, estimar a calidade da microgravedade a bordo, investigar a distribución de densidade e a dinámica dos micrometeoritos e das partículas de po en órbita baixa da Terra, cartografar a distribución de oxíxeno atómico, medir o intercambio de momento e enerxía entre o fluxo molecular e o satélite en rotación e medir a presión e temperatura durante a reentrada atmosferica.[2]
O satélite levaba a bordo un volante de inercia e bobinas magnéticas, un magnetómetro e sensores solares e estelares.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "BREMSAT" (en inglés). Consultado o 28 de decembro de 2011.
- ↑ 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 2,10 NASA (4 de novembro de 2011). "Bremsat" (en inglés). Consultado o 28 de decembro de 2011.
- ↑ "Note verbale dated 17 September 2009 from the Permanent Mission of Germany to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (09-87007 (E)). 7 de outubro de 2009. Consultado o 28 de decembro de 2011.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "BremSat" (en inglés). Consultado o 28 de decembro de 2011.
- ↑ Mark Wade (2011). "BremSat" (en inglés). Consultado o 28 de decembro de 2011.