[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Blue Air

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Blue Air
IATA
0B
OACI
BLA
Indicativo
BLUE AIR
Fundación2004
Inicio das operacións2004
Plan de voo frecuenteMy Blue
Frota29
Páxina web: http://www.blueairweb.com/

Blue Air é unha aeroliña baseada en Bucarest,[1] cos seus principais centros de conexión no aeroporto de Bucarest-Henri Coandă e no aeroporto de Turín. Dende o ano 2016 converteuse na maior aeroliña romanesa en pasaxeiros transportados. Ese ano voaron coa compañía 3,6 millóns de pasaxeiros, cun significativo incremento en relación aos 2 millóns do ano anterior. En maio de 2017 Blue Air voaba a 70 destinos. A pesar de operar como unha aeroliña de baixo custo, a compañía introduciu bocadillos e bebidas gratis nos voos curtos, e comida quente, aperitivos e bebidas nos voos longos. Este é un feito nada habitual nunha aeroliña de baixo custo, máis aínda cando en aeroliñas tradicionais de "servizo completo" como British Airways se retiraron as comidas, aperitivos e bebidas gratis en 2017.

Boeing 737-800 de Blue Air aterrando no aeroporto de Lisboa

En xuño de 2017 a frota de Blue Air estaba formada polos seguintes avións:[2][3]

Frota de Blue Air
Avión En servizo Pedidos Pasaxeiros Notas
Boeing 737-300 1 141 Van ser retirados
1 148
Boeing 737-400 9 150
162
166
168
170
Boeing 737-500 6 120
126
Boeing 737-700 1 144
Boeing 737-800 11 6 189 Entregas ata finais de 2017
Boeing 737 MAX 8 12 TBA Entregas entre 2019 e 2021
Total 29 18
  1. Blue Air (ed.). "Contacteaza-ne". Arquivado dende o orixinal o 27 de maio de 2020. Consultado o 17 de outubro de 2017. 
  2. Planespotters (ed.). "Frota de Blue Air". Consultado o 17 de outubro de 2017. 
  3. Airfleets (ed.). "Frota de Blue Air". Consultado o 17 de outubro de 2017. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]