[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Binario multiarquitectura

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Un binario multiarquitectura (tamén chamado fat binary) é un arquivo executable que foi expandido (ou «engordado») con código nativo para varios conxuntos de instrucións de forma de que poida executarse en múltiples tipos de procesadores. O método máis habitual da súa aplicación consiste en incluír unha versión do código de máquina para cada conxunto de instrucións, sendo precedido por un código compatible con todos os sistemas operativos, que executarán un salto cara á sección apropiada. Isto dá como resultado un arquivo máis pesado que un arquivo binario normal con código para unha soa arquitectura; de aí provén o seu nome «binario gordo» ou «fat binary».

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]