Bilarghu
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XIII |
Morte | 1307 |
Causa da morte | pena de morte |
Outro | |
Condenado por | asasinato |
Bilarghu ou Bilarghi (tamén coñecido como Pilargh'ou), nado no século XIII e finado en 1307, foi un xeneral mongol ao servizo de Gazan Kan durante finais do século XIII e principios do XIV.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Durante as campañas mongois de 1299 en Siria, Bilarghu foi posto á fronte da retagarda no Éufrates, ao mando de 10.000 homes.[1]
En 1303, despois da derrota dos mongois contra os mamelucos na batalla de Shaqhab, Gazan proporcionou 1.000 mongois baixo o mando de Bilarghu para protexer o Reino armenio de Cilicia das incursións mamelucas.
En 1307, Bilarghu, que xa tiña malas relacións con Hetum II de Armenia e con León IV, estivo involucrado nun complot interno que levou ao asasinato dos gobernantes armenios. Hetum II e León IV apoiaran e organizaran a fusión da Igrexa de Armenia coa Igrexa Católica, pero sufriran unha terrible oposición interna. A facción contraria foi ver a Bilarghu e acusou a Hetum de planear unha insurrección contra os mongois. O 17 de novembro, Bilarghu decidiu que eles e o seu séquito fosen executados cando o visitaron en Anazarbo.[2][3]
Oshin, irmán de Hetum, marchou inmediatamente contra Bilarghu e derrotouno, obrigándoo a abandonar Cilicia. Oshin foi coroado novo rei do reino armenio de Cilicia e, a seguir, Bilargu foi executado por Oljeitu, despois dunha petición dos armenios por ter realizado o crime anterior.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Receuil des historiens des Croisades" (en francés). p. 546. Consultado o 31 de maio de 2024.
- ↑ "Receuil des historiens des Croisades" (en francés). p. 548. Consultado o 31 de maio de 2024
- ↑ Mutafian (1993), p. 73
- ↑ "Receuil des historiens des Croisades" (en francés). p. 664. Consultado o 31 de maio de 2024
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Le roi Héthoum II". Receuil des historiens des Croisades, Documents Arméniens I (en francés). París: Académie des inscriptions et belles-lettres. 1869.
- Mutafian, Claude (1983). Le royaume arménien de Cilicie, XIIe – XIVe siècle (en francés). París: CNRS Éditions.
- "Chronique Du Royaume de La Petite Armenie". Receuil des historiens des Croisades, Documents Arméniens I (en francés). París: Académie des inscriptions et belles-lettres. 1869.