Bienal de Venecia
Bienal de Venecia | |
---|---|
Tipo | bienal de arte, festival de cinema e exposición |
Data de fundación | 1895 |
Fundador(es) | Venice City Council |
En | Venecia |
País | Italia |
45°25′44″N 12°21′31″L / 45.428889, 12.358611 | |
Na rede | |
http://www.labiennale.org/en/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Bienal de Venecia (en italiano, Biennale di Venezia) é unha institución sen ánimo de lucro subvencionada polo Estado italiano. É unha das institucións culturais máis importantes do mundo.
O seu nome utilizouse sempre como sinónimo da Exposición Internacional de Arte de Venecia, entre as exposicións internacionais de arte contemporánea do mundo máis antigas, importantes e prestixiosas.
O nome "Biennale" deriva da frecuencia bienal dos seus eventos (coa excepción do Festival Internacional de Cinema de Venecia, nado o ano 1932, con frecuencia anual).
Tanto a Bienal internacional de Arte de Venecia como o Festival Internacional de Cine de Venecia son os eventos máis antigos e os primeiros do seu xénero.
Outros eventos celebrados pola Bienal son: a Exposición Internacional de Arquitectura de Venecia; o Festival de Teatro de Venecia; o Festival de Danza Contemporánea de Venecia e o Festival de Música Contemporánea de Venecia.
Este artigo sobre arte é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |