[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Biótopo

1000 12/16
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Biótopo dunha charca no norte de Alemaña; na vexetación plantas das especies Stratiotes aloides, Schoenoplectus lacustris e Alisma plantago-aquatica

O biótopo (do grego βίος - bios = vida + τόπoς = lugar, ou sexa, lugar onde se encontra vida) é o espazo físico, natural e limitado onde habita unha determinada biocenose ou comunidade. Trátase dunha unidade ambiental ocupada por organismos de diversas especies que posúen un hábitat relativamente uniforme. A noción de biótopo foi creada polo zoólogo alemán Ernst Haeckel (1834-1919) e exposta no seu libro General Morphology (1866). Este concepto tamén serve para determinar unha área ou tipo de área que, dende o punto de vista ecolóxico, posúe características semellantes.

Límites e tamaño do biótopo

[editar | editar a fonte]

O seu tamaño é moi relativo: pode ser tan grande como un océano onde habitan unha gran diversidade de animais e plantas, ou pode ser tan pequeno como o acuario dunha casa onde habitan uns poucos peixes. Nalgunhas ocasións é fácil describir o límite dun biótopo, como cando se produce un cambio brusco no medio como por exemplo nunha poza ou un lago, máis noutras o límite non está tan claro, xa que este acontece de forma gradual.

Diferenzas entre biótopo e hábitat

[editar | editar a fonte]

O biótopo fai referencia entre outros factores á superficie o volume que ocupa a biocenose recoñecendo así un edafotopo o referido ao substrato, un climátopo en canto ás características climáticas, e un hidrótopo tendo en conta os aspectos hidrográficos, en cambio o hábitat e o ambiente físico ou xeográfico no que habita unha poboación ou especie co que reúne as condicións axeitadas para que dita especie poida alimentarse e reproducirse.

Características

[editar | editar a fonte]

As principais características dun biótopo son:

  • Climatolóxicas: son as características ambientais.
  • Xeolóxicas: son as características físicas e químicas do solo.
  • Hidrográficas: son as características referidas á auga, a súa distribución e o seu desprazamento.
  • Topográficas: fan referencia a altitude do biótopo.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]