Berne eXchange
Aparencia
Berne eXchange ou BX é a bolsa de valores de Berna, Suíza. BX xunto con SIX Swiss Exchange, con sede en Zúric, son as únicas bolsas de valores de Suíza.
Historia e membros
[editar | editar a fonte]BX foi fundada en 1880 como a Berne Bank Association e formalizada en 1884 como a Berne Bourse Association (Berner Börsenverein ou BBV) por nove bancos berneses e catorce empresas privadas. Tivo un pequeno volume de negocio até a primeira guerra mundial.
A diferenza dos seus competidores en Basilea, Xenebra e Zúric, non participou na fusión de 1995 que levou á creación do SWX (actualmente SIX). BX conservou a forma xurídica de asociación privada baixo a lei suíza, e entre os seus membros atópanse os maiores bancos que operan en Berna, incluíndo UBS e Credit Suisse Private Banking.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Pierre-François Besson (25 de maio de 2006). Pierre-François Besson. "Bern bourse has big ambitions". Swissinfo. Arquivado dende o orixinal o 30 de setembro de 2007. Consultado o 26 de decembro de 2016.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sitio web de Berne eXchange (en inglés)