[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Ben Hogan

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaBen Hogan

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento13 de agosto de 1912 Editar o valor en Wikidata
Stephenville, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte25 de xullo de 1997 Editar o valor en Wikidata (84 anos)
Fort Worth, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
EducaciónGreen B. Trimble Technical High School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura1,68 m Editar o valor en Wikidata
Peso69 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióngolfista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1930 Editar o valor en Wikidata - 1971 Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
Conflitosegunda guerra mundial Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Deportegolf Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
Sitio webbenhogan.com Editar o valor en Wikidata
Musicbrainz: d8874204-f3bc-4aef-a483-ca551b58c236 WikiTree: Hogan-4227 Find a Grave: 3151 Editar o valor en Wikidata
Ben Hogan nun desfile na súa honra en Broadway en 1953

William Benjamin Hogan, nado en Stephenville (Texas) o 13 de agosto de 1912 e finado en Fort Worth o 25 de xullo de 1997, foi un golfista estadounidense. Gañou nove torneos maiores: o Campionato da PGA de 1946 e 1948, o Aberto dos Estados Unidos de 1948, 1950, 1951 e 1953, o Masters de Augusta de 1951 e 1953, e o Aberto Británico de 1953. Tamén logrou catro segundos postos no Masters de Augusta, dous no Aberto dos Estados Unidos, 25 top 5 e 40 top 10 en 58 torneos maiores disputados.

Hogan liderou a lista de ganancias do PGA Tour en cinco tempadas: 1940, 1941, 1942, 1946 e 1948. Obtivo 64 vitorias no circuíto estadounidense (13 delas en 1946 e 10 en 1948), o que o coloca cuarto na historia.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Hogan naceu en Stephenville, Texas, terceiro e máis novo dos fillos de Chester e Clara (Williams) Hogan. O seu pai era ferreiro e a familia viviu dez millas ao suroeste en Dublin ata 1921, cando se mudaron 112 km ao nordés a Fort Worth. En 1922, cando Hogan tiña nove anos, o seu pai suicidouse cun disparo na casa da familia. Segundo algunhas fontes, Chester cometeu suicidio diante de Ben, o que algúns (como o seu biógrafo James Dodson) citaron como causa da súa personalidade introvertida nos anos posteriores.[1]

Hogan abandonou o Central High School no semestre final do seu último ano. Converteuse en profesional do golf apenas seis meses antes de cumprir 18 anos no Texas Open de San Antonio, a finais de xaneiro de 1930. Hogan coñeceu a Valerie Fox na escola dominical a mediados da décad de 1920 en Fort Worth e volveron atoparse en 1932 cando el obtivo un traballo nun club de Cleburne, onde se mudara a súa familia. Casaron en abril de 1935 na casa dos pais dela.

Os primeiros anos de Hogan como profesional foron moi difíciles e acabou na creba máis dunha vez. Non gañou o seu primeiro torneo ata marzo de 1940, cando gañou tres campionatos consecutivos en Carolina do Norte. Aínda que tardou unha década para lograr a súa primeira vitoria, a súa esposa cría nel, o que o axudou durante os anos máis duros.

En 1949 sufriu un gravísimo accidente automobilístico, que provocou que os doutores dixesen que non volvería camiñar; porén, só dezasete meses despois gañou o US Open.

Hogan gañou tres torneos maiores profesionais en 1953: o Masters de Augusta, o Aberto dos Estados Unidos e o Aberto Británico. Foi o primeiro golfista en conseguilo, aínda que en 1930 Bobby Jones triunfara nos torneos abertos e de afeccionados estadounidenses e británicos.

En 1954 creou a súa propia marca de paus de golf de alta calidade, que leva o seu nome. Xugou por última vez en 1971.

O seu swing era considerado perfecto; por iso, dende Ben Hogan, os profesionais exercítanse moito no campo de prácticas para melloralo.

En 1974 foi un dos primeiros golfistas en ser incluído no Salón da Fama do Golf Mundial.

  1. "The Hard Life of a Golfing Great". Bloomberg Businessweek. 18 de xuño de 2004. Arquivado dende o orixinal o 08 de marzo de 2012. Consultado o 17 de outubro de 2013. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]