Beatrice Tinsley
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Beatrice Muriel Hill 27 de xaneiro de 1941 Chester, Reino Unido |
Morte | 23 de marzo de 1981 (40 anos) New Haven, Estados Unidos de América |
Residencia | Estados Unidos de América |
Educación | Universidade de Texas en Austin - Doutora en filosofía (–1967) Universidade de Canterbury (pt) - Mestrado en ciencias (–1962) New Plymouth Girls' High School (en) |
Tese académica | Theory of the crystal field in neodymium magnesium nitrate. (en) (1962 ) |
Actividade | |
Campo de traballo | Astronomía |
Ocupación | astrónoma, profesora universitaria |
Empregador | Universidade Yale (1975–1981) |
Profesores | A. W. Ross (en) |
Familia | |
Cónxuxe | Brian Tinsley (1961–1974) |
Pai | Edward Hill |
Premios | |
Descrito pola fonte | 150 women in 150 words (en) |
Beatrice Muriel Hill Tinsley nada en Chester o 27 de xaneiro de 1941 e finada en New Haven o 23 de marzo de 1981, foi unha astrónoma e cosmóloga de Nova Zelandia nacida en Gran Bretaña, cuxa investigación achegou contribucións fundamentais á comprensión astronómica da evolución das galaxias, o seu crecemento e morte.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Tinsley naceu en 1941 en Chester, Inglaterra, filla mediana das tres de Jean e Edward Hill.[1] A familia emigrou a Nova Zelandia tras a Segunda guerra mundial , vivindo primeiro en Christchurch e despois por un tempo máis longo en New Plymouth, Nova Zelandia, onde o seu pai, Edward Hill, foi clérigo do Moral Re-Armament e que máis tarde alcalde (1953–56). Tinsley asistiu ao Instituto Feminino de Nova Plymouth, e estudou na Universidade de Canterbury onde se graduou e completou un máster en Ciencia en 1961, con Honras de Primeira Clase en Físicas.[2] Mentres estudaba en Christchurch, casou co físico e compañeiro de clase, Brian Tinsley, sen saber que isto impediría que ela traballase na universidade mentres ell estivese empregado alí. Mudáronse en 1963 aos Estados Unidos, a Dallas, Texas, onde Brian foi contratado polo Centro do Suroeste para Estudos Avanzados (agora, Universidade de Texas).[1] Aínda así, dise que ela atopaba a situación "atafegante", e unha vez causou unha controversia por negarse a seguir o costume de ser a anfitrioa dun té na facultade.[1] En 1964, matriculouse en UT-Austin, onde era a única muller no programa de astronomía e onde máis tarde publicou a súa revolucionaria investigación.[3] A Universidade de Texas en Austin en 1966 outorgoulle o título de doutora en Filosofía pola súa tese Evolution of Galaxies and its Significance for Cosmology. Tinsley levou a cabo estudos teóricos pioneiros sobre o modo en que as poboacións de estrelas crecen e afectan ás calidades observables das galaxias. Tamén colaborou en investigación básica en modelos que buscaban coñecer se o universo está pechado ou aberto. Os seus modelos de galaxia conduciron á primeira aproximación ao que debería ser o aspecto das protogalaxias.
En 1974 recibiu o premio en Astronomía Annie Jump Cannon da Sociedade Astronómica Americana, outorgado á "prometedora e extraordinaria investigación por unha investigadora", en recoñecemento ao seu traballo sobre a evolución das galaxias.[4] A pesar de recibir recoñecemento polo seu traballo, Tinsley foi incapaz de atopar un posto académico permanente. En 1974, despois de anos de tentar equilibrar fogar, familia e dúas carreiras simultáneas, deixou ao seu marido e os seus dous nenos adoptados para aceptar un posto como profesora axudante en Yale. Traballou alí até a súa morte de cancro no Yale Infirmary en 1981.[1] As súas cinzas están soterradas no cemiterio do campus.[1]
En 1977, Tinsley, con Richard Larson de Yale, organizou unha conferencia sobre 'A evolución das galaxias e poboacións estelares'. Pouco despois, en 1978, foi a primeira profesora de sexo feminino de astronomía na Universidade de Yale.[5] O seu último artigo científico, enviado ao Astrophysical Journal dez días antes da súa morte, foi publicado postumamente aquel novembro, sen revisión.[6][note 1]
Premios e recoñecementos
[editar | editar a fonte]En 1986 a Sociedade Astronómica americana estableceu o Premio Beatrice M. Tinsley, que recoñece «unha contribución excepcional á astronomía ou á astrofísica, de carácter eminentemente creativo ou innovador».[7] É o único premio importante creado por unha sociedade científica americana que honra a unha científica. O premio non presenta restricións por cidadanía ou país de residencia.[7]
O asteroide de cinto principal 3087 Beatrice Tinsley, descuberto en 1981 no observatorio de Monte John, próximo a Tekapo, leva o seu nome.[8][9]
A Universidade de Texas en Austin estableceu unha dotación en 1989 para un profesor visitante, co nome Beatrice M. Tinsley Centennial, pola que un profesor sénior ou á metade da súa carreira está convidado até un semestre.[10] En 2007 engadiron as bolsas Tinsley, que permiten aos investigadores máis novos realizar breves estadías en Austin.
En 2005, o Teatro Circa en Wellington produciu unha obra chamada Bright Star, sobre a vida de Beatrice Tinsley.[11] A Sociedade Astronómica de Wellington organizou sesións de observación por telescopio fora do teatro, no peirao próximo ao Museo Pápache.
En decembro de 2010 o Consello xeográfico de Nova Zelandia nomeou oficialmente unha das montañas Kepler no parque natural de Fiordland (así nomeadas polo astrónomo Johannes Kepler) Monte Tinsley.[12][13]
A Sociedade Astronómica Real de Nova Zelandia estableceu as Conferencias Beatrice Hill Tinsley en 2012.[14]Tamén hai unha rúa co seu nome en Rosedale, no norte de Auckland. O 27 de xaneiro de 2016, 75º aniversario do seu nacemento, Google publicou un Doodle para honrar o seu traballo. A súa necrolóxica foi publicada por The New York Times varias décadas máis tarde, o 18 de xullo de 2018, no seu proxecto "Pasados por alto" que recolle «as historias de persoas notables cuxas mortes non foron publicadas no Times no seu momento».[1]
Obras
[editar | editar a fonte]- "An accelerating universe". 1975. Nature 257: 454–457 (9 de outubro de 1975); doi:10.1038/257454a0
- "Correlation of the Dark Mass in Galaxies with Hubble type". 1981. Royal Astronomical Society, Monthly Notices. vol. 194, p. 63–75
- "Relations between Nucleosynthesis Rates and the Metal Abundance". 1980. Astronomy and Astrophysics. vol. 89, non. 1–2, p. 246–248
- "Stellar Lifetimes and Abundance Cocientes in Chemical Evolution". 1979. Astrophysical Journal. Part 1, vol. 229, p. 1046–1056
- "Colors as Indicators of the Presence of Spiral and Elliptical Components in N Galaxies". 1977. Publications of the Astronomical Society of the Pacific. vol. 89, p. 245–250
- "Surface Brightness Parameters as Tests of Galactic Evolution". 1976. Astrophysical Journal. vol. 209, p. L7–L9
- "The Cor-Redshift Relation for Giant Elliptical Galaxies". 1971, Astrophysics and Space Science, Vol. 12, p. 394
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Faleceu ol 23 de marzo de 1981, con 40 anos de idade, rematando unha destacada carreira prematuramente. O texto deste artíigo póstumo non foi revisado, malia que Michael Kaufman engadiu algunhas definicións e comentarios explicativos
- Referencias
- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 "Overlooked No More: Beatrice Tinsley, Astronomer Who Saw the Course of the Universe". New York Times. 18 de xullo de 2018.
- ↑ Tinsley, Beatrice M. (1962). "Theory of the crystal field in neodymium magnesium nitrate." (en inglés). doi:10.26021/7553.
- ↑ "This Astronomer Had to Make the Hardest Career Choice". American Association of University Women. 16 de xullo de 2014. Arquivado dende o orixinal o 13 de febreiro de 2019. Consultado o 16 de decembro de 2018.
- ↑ "AAS Annie J. Cannon Award in Astronomy". Arquivado dende o orixinal o 2 de octubre de 2009. Consultado o 18 de noviembre de 2009.
- ↑ "The Life of Beatrice Tinsley". Arquivado dende o orixinal o 25 de marzo de 2017. Consultado o 27 de xaneiro de 2016.
- ↑ Tinsley, B.M. (1981). "Chemical evolution in the solar neighborhood. IV – Some revised general equations and a specific model" 250: 758–768. Bibcode:1981ApJ...250..758T. doi:10.1086/159425.
- ↑ 7,0 7,1 "Beatrice M. Tinsley Prize". American Astronomical Society. Arquivado dende o orixinal o 22 de decembro de 2010.
- ↑ International Astronomical Union (ed.). "(3087) Beatrice Tinsley = 1981 QJ1". Minor Planet Center. Consultado o 22 de marzo de 2022.
- ↑ "3087 Beatrice Tinsley (1981 QJ1)". ssd.jpl.nasa.gov. Consultado o 22 de marzo de 2022.
- ↑ "External Review 2009" (PDF). University of Texas at Austin. Department of Astronomy/McDonald Observatory. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 8 de xuño de 2010. Consultado o 18 de novembro de 2009.
- ↑ "Circa Theatre: Bright Star". Arquivado dende o orixinal o 7 de febreiro de 2006. Consultado o 18 de novembro de 2009.
- ↑ Mackay, Scot (20 de xaneiro de 2011). "Historian's mountainous goal reached". Consultado o 25 de xaneiro de 2011.
- ↑ "Mount Pickering and Mount Tinsley". Arquivado dende o orixinal o 15 de decembro de 2009. Consultado o 18 de novembro de 2009.
- ↑ "The Beatrice Hill Tinsley Lectures". Arquivado dende o orixinal o 28 de xullo de 2013. Consultado o 3 de abril de 2013.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Catley, Christine Cole (2006). Bright Star: Beatrice Hill Tinsley, Astronomer. Auckland: Cape Catley. ISBN 1-877340-01-4.
- Catley, Christine Cole. "Tinsley, Beatrice Muriel Hill". Dictionary of Scientific Biography. 25. New York: Charles Scribner's Sons. pp. 57–61. ISBN 978-0-684-10114-9
- Dodd, Richard J. (1984). "Appreciation: Beatrice M. Tinsley, 1941–1981" 30: 429–431. Bibcode:1984SouSt..30..429D.
- Faber, Sandra (1Faber, Sandra (1981). Faber, Sandra (1981). "Obituary: Beatrice Tinsley" 34 (9): 110. Bibcode:1981PhT....34i.110F. doi:10.1063/1.2914734.81).
- Hill, Edward (1986). My Daughter Beatrice, A Personal Memoir of Dr. Beatrice Tinsley, Astronomer. New York: American Physical Society. ISBN 0-88318-493-1..
- Guarnieri, Maria D.; Pancaldi Stagni, Maria G. (1991). "Beatrice Muriel Hill Tinsley: una vita per la scienza" 11: 28–33. Bibcode:1991Ori....11...28G.
- Larson, Richard B.; Stryker, Linda L. (1982). "Beatrice Muriel Hill Tinsley" 23. Bibcode:1982QJRAS..23..162L.
- Whineray, ed. (1985). Beatrice (Hill) Tinsley, 1941–1981, Astronomer: A Tribute in Memory of an Outstanding Physicist. Palmerston North, N.Z.: Massey University, New Zealand, Institute of Physics Education Committee.
- "Overlooked No More: Beatrice Tinsley, Astronomer Who Saw the Course of the Universe" (en inglés). New York Times. 18 de xullo de 2018. Consultado o 18 de xullo de 2018.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Biografía de Beatrice Hill por Michele Nichols (en inglés)
- Biografía en New Zealand (en inglés)
- Biografía da Astronomical Society of the Pacific (en inglés)
- Biografía no Handbook of Texas (en inglés)
- Comentario da obra Bright Star no Teatro Circa
- Transcrición de entrevista a Beatrice Tinsley Arquivado 03 de xullo de 2014 en Wayback Machine. (14 de xuño de 1977), American Institute of Physics, Arquivo e Biblioteca Niels Bohr (en inglés)
- Radio New Zealand The Stars are Comforting: The letters of Beatrice Hill Tinsley (1941–1981). Inclúe galería de imaxes e audios de varias entrevistas (en inglés)
- Gray, Meghan. Haran,Brady, ed. "Beatrice Tinsley". Deep Sky Videos.(en inglés)
- The End (The Beginning and End of the Universe, Season 1, Episodio 2). Vídeo no que Ao-Khalili comenta a tese de doutoramento de B. Tisley sobre a evolución das galaxias e como contribuíu aos continuos intentos de comprender o ritmo de expansión do universo. (en inglés)