[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Barry Lyndon

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Barry Lyndon
Logo do filme.
Ficha técnica
DirectorStanley Kubrick
ProdutorStanley Kubrick
Jan Harlan
Bernard Williams
GuiónStanley Kubrick
Baseado enA sorte de Barry Lyndon de William Makepeace Thackeray
MúsicaLeonard Rosenman
Georg Friedrich Händel
Frederico II o Grande
The Chieftains
Franz Schubert
FotografíaJohn Alcott
MontaxeTony Lawson
DistribuidoraWarner Bros.
Estrea1975
Duración187 minutos
OrixeReino Unido Reino Unido
Estados Unidos de América Estados Unidos
XéneroDrama e histórico
Orzamento11 millóns de USD (aproximado)
Recadación20'2 millóns de USD (Estados Unidos)
Na rede
IMDB: tt0072684 Filmaffinity: 921503 Allocine: 135 Rottentomatoes: m/barry_lyndon Allmovie: v4004 TCM: 16197 Metacritic: movie/barry-lyndon TV.com: movies/barry-lyndon Editar o valor en Wikidata

Barry Lyndon é un filme anglo-estadounidense dramático e histórico de 1975, escrito e dirixido por Stanley Kubrick; protagonizado por Ryan O'Neal, Marisa Berenson, Patrick Magee e Hardy Krüger. Baséase na novela homónima de William Makepeace Thackeray, publicada en 1844.​ O filme describe as aventuras ficticias dun personaxe irlandés durante o século XVIII, e está ambientado en parte durante a Guerra dos Sete Anos. Os exteriores foron rodados en diversas localizacións de Irlanda, Inglaterra e Alemaña.

O recoñecido director de cine Martin Scorsese afirmou que Barry Lyndon era o seu filme favorito de Stanley Kubrick. Algunhas citas do guión apareceron noutros filmes coma Os duelistas de Ridley Scott, A idade da inocencia do propio Scorsese, Rushmore de Wes Anderson e Dogville de Lars von Trier.

A obra conta as peripecias do aventureiro irlandés Barry Lyndon (Ryan O'Neal) e a súa ascensión e caída na sociedade inglesa. A historia comeza en Irlanda no século XVIII. O mozo Redmond Barry namórase da súa prima Nora Brady e bátese en duelo polo seu amor aparentemente matando o seu prometido, o rico capitán inglés Quin. Barry foxe e enrólase no exército inglés. Pasado un tempo descobre que o duelo foi amañado pola propia familia e que o capitán inglés está vivo e casou con Nora. Barry viaxa por Europa como soldado, axente secreto ao servizo de Prusia e finalmente coma xogador profesional, buscando fortuna.

Seduce e casa cunha rica viúva, Lady Lyndon (Marisa Berenson), a que non quere. Barry é indiferente a ela e ao seu fillo, Lord Bullingdon, quen sabe que Barry é simplemente un oportunista. Barry convértese nun home cínico e un marido egoísta. A parella ten un fillo, Brian, que crece gozando do gran cariño do seu pai pero que morre tras sufrir unha caída de cabalo. Nun duelo con Lord Bullingdon, Barry perde unha perna e baixo ameaza de encarceramento por débedas non pagadas, acepta abandonar Inglaterra. Despois de pasar algúns anos coa súa nai en Irlanda, Barry pasa o resto da súa vida xogando en Europa.

Personaxes

[editar | editar a fonte]
  • Michael Hordern (narrador)
  • Ryan O'Neal - Redmond Barry (despois Redmond Barry Lyndon)
  • Marisa Berenson - Lady Lyndon
  • Patrick Magee - Chevalier du Balibari
  • Hardy Krüger - Capitán Potzdorf
  • Gay Hamilton - Nora Brady
  • Godfrey Quigley - Capitán Grogan
  • Steven Berkoff - Lord Ludd
  • Wolf Kahler - Prince of Tübingen
  • Marie Kean - Belle, nai de Barry
  • Murray Melvin - Reverend Samuel Runt
  • Frank Middlemass - Sir Charles Reginald Lyndon
  • Leon Vitali - Lord Bullingdon

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]