Barfly
Barfly | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Barfly |
Director | Barbet Schroeder |
Produtor | Jack Baran Yoram Globus Menahem Golan Tom Luddy Fred Roos Barbet Schroeder |
Guión | Charles Bukowski |
Intérpretes | Mickey Rourke Faye Dunaway Alice Krige Jack Nance J.C. Quinn |
Música | Jack Baran |
Fotografía | Robby Müller |
Estrea | 1987 |
Duración | 97 min. |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Drama Comedia |
Na rede | |
Barfly é un filme de 1987, un dos dous filmes escritos polo escritor e poeta estadounidense Charles Bukowski. Esta película, ao igual que a moi posterior Factótum, é un retrato semi-autobiográfico da vida do autor, e as súas eternas borracheiras e pelexas en sórdidos antros e escenarios. Bukowski narra tamén a súa experiencia durante a rodaxe desta película na súa novela de 1989 Hollywood, unha visión dramatizada e sarcástica do mundo do celuloide.
Os actores principais foron Mickey Rourke e Faye Dunaway e foi dirixido por Barbet Schroeder, incluíndo un silencioso cameo do propio Bukowski.
Argumento
[editar | editar a fonte]Henry Chinaski é un poeta que vive nos barrios baixos da súa cidade. A súa existencia, marcada por unha tendencia ao alcoholismo, xira arredor de borracheiras en bares e pelexas nocturnas nas rúas, buscando traballiños para subsistir durante o día. Só nos seus escritos Henry verte un anaco da súa personalidade que non coñece ninguén, o máis profundo e sensible.
Unha noite coñece a Wanda Wilcox, unha muller alcohólica e habitual de bares como Henry, e comezan unha relación. Ambos os dous viven cos cartos xustos, intentan mudar e manterse sobrios. Ao pouco as cousas complícanse por mor das personalidades de cada un e a aparición dunha editora de clase alta, que recibe algúns poemas de Henry e desexa publicar a súa obra a grande escala.
Elenco
[editar | editar a fonte]- Mickey Rourke - Henry Chinaski
- Faye Dunaway - Wanda Wilcox
- Alice Krige - Tully Sorenson
- Jack Nance - Detective
- J.C. Quinn - Jim
- Frank Stallone - Eddie
- Sandy Martin - Janice
- Roberta Bassin - Lilly
- Gloria LeRoy - Grandma Moses
- Joe Unger - Ben
- Harry Cohn - Rick
- Pruitt Taylor Vince - Joe
- Fritz Feld - Bum