Bardenas Reales
Tipo | parque natural espazo natural protexido | ||||
---|---|---|---|---|---|
Situado na entidade xeográfica | Val do Ebro | ||||
Localización | |||||
División administrativa | Navarra, España | ||||
| |||||
Comparte fronteira con | Villafranca Caparroso Murillo el Cuende Mélida Santacara Carcastillo Sádaba Ejea de los Caballeros Tauste Buñuel Fustiñana Cabanillas Tudela Arguedas Valtierra Cadreita | ||||
Características | |||||
Altitude | 650 m | ||||
Punto máis alto | Q66314603 (650 m ) | ||||
Superficie | 41.444,06609 ha | ||||
Categoría II da UICN: Parque Nacional | |||||
Reserva da biosfera | |||||
Identificador | Entrada: unesco.org… | ||||
World Database on Protected Areas | |||||
Identificador | 151237 | ||||
Historia | |||||
Data de creación ou fundación | 1999 | ||||
Páxina web | bardenasreales.es | ||||
As Bardenas Reales de Navarra son unha paraxe natural semidesértica dunhas 42.000 ten que se estende polo sueste de Navarra (España). Os seus chans son de arxilas, xesos e arenitas e foron erosionados pola auga e o vento creando formas sorprendentes nas que destacan os barrancos, as mesetas de estrutura tabular e os outeiros solitarios, chamados cabezos.
As Bardenas carecen de núcleos urbanos, a súa vexetación é moi escasa e as múltiples correntes de auga que sucan o territorio teñen un caudal marcadamente irregular, permanecendo secos a maior parte do ano. A altitude oscila entre os 280 e os 659 msnm. As Bardenas sitúanse nun punto equidistante entre a cordilleira pirenaica e a ibérica. As Bardenas Reales, antiga posesión real, non forman parte de ningún termo municipal e son propiedade da Comunidade Foral de Navarra. Vinte e dous municipios e entidades (os «congozantes») forman a Comunidade de Bardenas Reales, unha entidade de Dereito Público encargada do aproveitamento da paraxe.
Na actualidade, a maior parte das Bardenas Reales encóntranse protexidas dende o ano 1999 mediante a figura dun parque natural de 39.274 ha. Anteriormente, en 1986, dúas paraxes das Bardenas, o Rincón del Bú e as Caídas de la Negra, foran declaradas reservas naturais. Dende o 7 de novembro de 2000 o conxunto foi declarado Reserva da Biosfera.
Descrición do parque
[editar | editar a fonte]Este parque natural tamén contén no seu interior unha reserva da biosfera, feita oficial no ano 2000. As paisaxes son de tipo desértico e estepario dando lugar a formacións xeolóxicas de grande interese.
Preto do parque, mais fóra dos seus límites oficiais, o río Ebro presenta boas forestas de ribeira. Para conservalas declaráronse varias figuras de protección: dúas reservas naturais, Soto de la Remonta de 44 ha e o Soto del Ramalete de 50 ha, e dous enclaves naturais, Sotos de Traslapuente de 26ha e Sotos de Murillo de las Limas de 93 ha. Nestas zonas a presenza de aves limícolas e acuáticas é salientábel.
Flora e fauna
[editar | editar a fonte]A vexetación máis importante está representada polas gramíneas (coma o Lygeum spartum) e o sotobosque de tipo leñoso, coma por exemplo a Herba alba, Salsola vermiculata e Ononis tridentata.
As aves son o grupo de fauna de maior relevancia. Existen bos exemplos de aves esteparias: ganga, cortizol común, calandra real e a laverca E de aves rapaces coma o voitre branco, voitre leonado, a gatafornela e a aguia real.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Bardenas Reales |