Barbara Stanwyck
Ruby Catherine Stevens, coñecida como Barbara Stanwyck, nada en Nova York o 16 de xullo de 1907 e finada en Santa Monica (California) o 20 de xaneiro de 1990 foi unha actriz estadounidense de cinema e televisión. Candidata catro veces aos Premios Óscar de Hollywood e gañadora finalmente dun honorífico en 1982. É un dos mitos da Sétima Arte e unha das mulleres fatais máis emblemáticas da historia do cinema.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nada co nome de Ruby Catherine Stevens, era filla dunha parella de clase traballadora. A súa nai morreu cando Ruby tiña catro anos por complicacións tras un aborto. Dúas semanas despois do funeral o seu pai uniuse a unha compañía que estaba a escavar o canal de Panamá e nunca se soubo del. A encargada de coidar de Ruby e do seu irmán máis novo foi a irmá máis vella, Mildred, que só tiña cinco anos máis ca ela. Cando Mildred conseguiu un traballo como corista, os dous irmáns pasaron por varios fogares de acollida.
En 1916 e 1917 Ruby foi de xira coa súa irmá. A través dos filmes de Pearl White entroulle o gusto pola interpretación. Tras varios traballos, a súa vida artística comezou en 1922 como bailarina do Ziegfeld Follies.
En 1926 foi contratada para a obra teatral The Noose, coa que conseguiu un grande éxito en Broadway. Foi nese momento cando cambiou o seu nome polo de Barbara Stanwyck, Barbara polo nome da súa personaxe na obra e Stanwyck polo apelido dunha compañeira do elenco de actores.
Pouco tempo despois comezou a súa carreira cinematográfica, na que conseguiría grandes éxitos, sendo a actriz mellor pagada en 1944.
Cando a súa carreira comezaba a declinar en 1957 pasou á televisión, medio no que recuperou a popularidade, chegando ata os anos oitenta, en que participou en The Colbys. O seu nome era o inicialmente previsto para o papel de Angela Channing en Falcon Crest, pero rexeitouno e pasou á súa mellor amiga, Jane Wyman.
Tras retirarse, dedicouse especialmente a facer obras de caridade. Finou en 1990.
Filmografía
[editar | editar a fonte]- Broadway Nights (1927)
- The Locked Door (1929)
- Mexicali Rose (1929)
- Ladies of Leisure (1930)
- Illicit (1931)
- Ten Cents a Dance (1931)
- Night Nurse (1931)
- The Miracle Woman (1931)
- Forbidden (1932)
- Shopworn (1932)
- So Big! (1932)
- The Purchase Price (1932)
- The Bitter Tea of General Yen (1933)
- Ladies They Talk About (1933)
- Baby Face (1933)
- Ever in My Heart (1933)
- Gambling Lady (1934)
- A Lost Lady (1934)
- The Secret Bride (1934)
- The Woman in Red (1935)
- Red Salute (1935)
- Annie Oakley (1935)
- A Message to Garcia (1936)
- The Bride Walks Out (1936)
- His Brother's Wife (1936)
- Banjo on My Knee (1936)
- The Plough and the Stars (1936)
- Internes Can't Take Money (1937)
- This Is My Affair (1937)
- Stella Dallas (1937)
- Breakfast for Two (1937)
- Always Goodbye (1938)
- The Mad Miss Manton (1938)
- Union Pacific (1939)
- Golden Boy (1939)
- Remember the Night (1940)
- The Lady Eve (1941)
- Xoán Ninguén (1941)
- You Belong to Me (1941)
- Bóla de fogo (1941)
- The Great Man's Lady (1942)
- The Gay Sisters (1942)
- Lady of Burlesque (1943)
- Flesh and Fantasy (1943)
- Double Indemnity (1944)
- Hollywood Canteen (1944)
- Christmas in Connecticut (1945)
- My Reputation (1946)
- The Bride Wore Boots (1946)
- The Strange Love of Martha Ivers (1946)
- California (1947)
- The Two Mrs. Carrolls (1947)
- The Other Love (1947)
- Cry Wolf (1947)
- Variety Girl (1947)
- B.F.'s Daughter (1948)
- Sorry, Wrong Number (1948)
- The Lady Gambles (1949)
- East Side, West Side (1949)
- The File on Thelma Jordon (1950)
- No Man of Her Own (1950)
- The Furies (1950)
- To Please a Lady (1950)
- The Man with a Cloak (1951)
- Clash by Night (1952)
- Jeopardy (1953)
- Titanic (1953)
- All I Desire (1953)
- The Moonlighter (1953)
- Blowing Wild (1953)
- Witness to Murder (1954)
- Executive Suite (1954)
- Cattle Queen of Montana (1954)
- The Violent Men (1955)
- Escape to Burma (1955)
- There's Always Tomorrow (1956)
- The Maverick Queen (1956)
- These Wilder Years (1956)
- Crime of Passion (1957)
- Trooper Hook (1957)
- Forty Guns (1957)
- A gata negra (1962)
- Roustabout (1964)
- The Night Walker (1964)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Barbara Stanwyck |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Bachardy, Don. Stars in My Eyes. Madison, Wisconsin: University of Wisconsin Press, 2000. ISBN 0-299-16730-5.
- Balio, Tino. Grand design: Hollywood as a Modern Business Enterprise, 1930-1939. Berkeley, California: University of California Press, 1995. ISBN 0-520-20334-8.
- Bosworth, Patricia. Jane Fonda: The Private Life of a Public Woman. Nova York: Houghton, Miffllin, Harcourt, 2011. ISBN 978-0-547-15257-8.
- Callahan, Dan. Barbara Stanwyck: The Miracle Woman. Jackson, Mississippi: University Press of Mississippi, 2012. ISBN 978-1-61703-183-0.
- Capua, Michelangelo. William Holden: A Biography. Jefferson, North Carolina: McFarland Press, 2010. ISBN 978-0-7864-4440-3.
- Chierichetti, David e Edith Head. Edith Head: The Life and Times of Hollywood's Celebrated Costume Designer. Nova York: HarperCollins, 2003. ISBN 0-06-056740-6.
- Diorio, Al. Barbara Stanwyck: A Biography. Nova York: Coward, McCann, 1984. ISBN 978-0-698-11247-6.
- Granger, Farley e Robert Calhoun. Include Me Out: My Life from Goldwyn to Broadway. New York: St. Martin's Press, 2007. ISBN 978-0-312-35773-3.
- Hall, Dennis. American Icons: An Encyclopedia of the People, Places, and Things that have Shaped our Culture. Westport, Connecticut: Greenwood Publishing Group, 2006. ISBN 0-275-98429-X.
- Hannsberry, Karen Burroughs. Femme Noir: Bad Girls of Film. Jefferson, North Carolina: McFarland Press, 2009. ISBN 978-0-7864-4682-7.
- Hirsch, Foster. The Dark Side of the Screen: Film Noir. Nova York: Da Capo Press, 2008. ISBN 0-306-81772-1.
- Hopkins, Arthur. To a Lonely Boy. Nova York: Doubleday, Doran & Co., First edition 1937.
- Kael, Pauline. 5001 Nights At The Movies. Nova York: Henry Holt, 1991. ISBN 978-0-8050-1367-2.
- Lesser, Wendy. His Other Half: Men Looking at Women Through Art. Boston: Harvard University Press, 1992. ISBN 0-674-39211-6.
- Madsen, Axel. Stanwyck: A Biography. Nova York: HarperCollins, 1994. ISBN 0-06-017997-X.
- Metzger, Robert P. Reagan: American Icon. Philadelphia: University of Pennsylvania Press, 1989. ISBN 978-0-8122-1302-7.
- Muller, Eddie. Dark City: The Lost World of Film Noir. Nova York: St. Martin's Griffin, 1998. ISBN 0-312-18076-4.
- Nassour, Ellis e Beth A. Snowberger. "Stanwyck, Barbara". American National Biography Online (subscription only), febreiro 2000. Consultado o 1 de xullo de 2009.
- Peikoff, Leonard. Letters of Ayn Rand. Nova York: Plume, 1997. ISBN 978-0-452-27404-4.
- Schackel, Sandra. "Barbara Stanwyck: Uncommon Heroine." Back in the Saddle: Essays on Western Film and Television Actors. Jefferson, North Carolina: McFarland Publishing, 1998. ISBN 0-7864-0566-X.
- Smith, Ella. Starring Miss Barbara Stanwyck. Nova York: Random House, 1985. ISBN 978-0-517-55695-5.
- Thomson, David. Gary Cooper (Great Stars). Nova York: Faber & Faber, 2010. ISBN 978-0-86547-932-6.
- Wagner, Robert e Scott Eyman. Pieces of My Heart: A Life. Nova York: HarperEntertainment, 2008. ISBN 978-0-06-137331-2.
- Wayne, Jane. Life and Loves of Barbara Stanwyck. Londres: JR Books Ltd, 2009. ISBN 978-1-906217-94-5.
- Wilson, Victoria. A Life of Barbara Stanwyck: Steel-True 1907–1940. Nova York: Simon & Schuster, 2013. ISBN 978-0-684-83168-8.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Barbara Stanwyck na IMDb (en inglés).
- Barbara Stanwyck recolle o premio AFI Life Achievement Award en 1987
- Barbara Stanwyck en Virtual History
- Saluting Stanwyck: A Life On Film en Los Angeles Times, 1987
- Artigo por Anthony Lane en The New Yorker, 2007