Barbara Liskov
Barbara Jane Huberman, coñecida como Barbara Liskov ou Barbara Jane Liskov, nada nos Ánxeles (California) o 7 de novembro de 1939, é unha destacada especialista en computación estadounidense.[1][2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Traballa no departamento de enxeñaría eléctrica e informática do MIT, como profesora de enxeñería de Ford. Licenciouse en matemáticas pola Universidade de California, Berkeley, en 1961, e anos máis tarde, en 1968, converteuse na primeira muller dos Estados Unidos en obter un doutoramento (Doctor Philosophiae) en ciencias da computación, pola Universidade de Stanford.[3]
Barbara Liskov dirixiu varios proxectos significativos, como o deseño e implementación da linguaxe de programación CLU, a primeira linguaxe de programación que admite a abstracción de datos; Argus, que foi a primeira linguaxe de alto nivel que admitiu a implementación de programas distribuídos, e Thor, un sistema de base de datos orientado a obxectos. Xunto con Jeannette Wing, desenvolveu unha definición particular de subtipo, comunmente coñecida como principio de substitución de Liskov.[4]
Ademais, Liskov é autor de tres libros e centos de informes técnicos.[5]
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]A profesora Liskov pertence á National Academy of Engineering (National Academy of Engineering, en inglés) dos Estados Unidos .
En 2004 gañou a Medalla John von Neumann pola "súa contribución fundamental ás linguaxes de programación, ás metodoloxías de programación e aos sistemas distribuídos".[6]
En 2008 gañou o Premio Turing pola "súa contribución aos fundamentos teóricos e prácticos no deseño de linguaxes e sistemas de programación, especialmente relacionados coa abstracción de datos, a tolerancia a fallos e a computación distribuída".[7]
En 2018 foi nomeada doutora honoris causa pola UPM.[8]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Barbara Liskov | MIT CSAIL". Consultado o 11 de outubro de 2019.
- ↑ "Barbara Liskov, especialista en ciencias de la computación | Efemérides" (en castelán). 7 de novembro de 2017. Consultado o 11 de outubro de 2019.
- ↑ "Barbara Jane Liskov | American computer scientist" (en inglés). Consultado o 11 de outubro de 2019.
- ↑ "Inductee Barbara Liskov Invented Computer Programming Languages" (en inglés). Consultado o 11 de outubro de 2019.
- ↑ "Conferencia de Bárbara Liskov, Premio Turing 2008" (en castelán). 17 de febreiro de 2015. Consultado o 11 de outubro de 2019.
- ↑ "Barbara Liskov | IEEE Computer Society" (en inglés). Consultado o 11 de outubro de 2019.
- ↑ "Barbara Liskov - A.M. Turing Award Laureate". Consultado o 11 de outubro de 2019.
- ↑ [1]