[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Baquílides

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaBaquílides

Cuadro de Albert Joseph Moore: Un músico (A Musician). O personaxe pode ser Baquílides.
Biografía
Nacementoc. 516 a. C. Editar o valor en Wikidata
Iulis, Grecia (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Mortec. 451 a. C. Editar o valor en Wikidata (64/65 anos)
Actividade
Ocupaciónpoeta, dithyrambic poet (en) Traducir, escritor, epigramatista Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Encyclopædia Britannica
Paulys Realenzyklopädie der klassischen Altertumswissenschaft Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1139878

Baquílides (Βακχυλίδης) foi un poeta lírico grego, rival de Píndaro.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Baquílides naceu en Iulis, na illa de Ceos por volta do ano 520 a.C. e morreu o 451 a.C. Era o sobriño e discípulo do poeta Simónides, a quen seguiu á corte do tirano Hierón de Siracusa. A continuación percorreu as cortes de Tesalia e Macedonia. Ademais de epinicios (odas ao vencedor dos Xogos), compuxo himnos aos deuses e soberanos, como Alexandre, fillo de Amintas I. Pasou logo longo tempo en Atenas, onde participou en numerosos concursos.

O final da súa vida énos moi descoñecido. Talvez retornou a Ceos, onde canta ao atleta Lacón, vencedor dos Xogos olímpicos nas Odas 6 e 7. Segundo certos autores, exiliárase e atopara refuxio en Esparta, o que parece apoiarse na Oda 9 e no ditirambo Idas.

A tradición atribúelle a Baquílides seis libros de himnos aos deuses, tres libros de eloxios e un de epinicios. Até 1897 só se coñecían fragmentos, mais atopáronse dous rolos de papiro do século I ou II en Exipto que contiñan uns vinte dos seus poemas, aínda que teñan moitas lagoas:

  • Oda 1: para Arxeios de Ceos, vencedor no combate de loita de rapaces, Xogos ístmicos, data descoñecida;
  • Oda 2: para o mesmo, vencedor no combate de loita de rapaces, Xogos ístmicos, data descoñecida;
  • Oda 3: para Hierón de Siracusa, vencedor na carreira de carros, Xogos olímpicos, 468;
  • Oda 4: para o mesmo, vencedor na carreira de carros, Xogos délficos, 470;
  • Oda 5: para o mesmo, vencedor na carreira de cabalos, Xogos olímpicos, 476;
  • Oda 6: para Lacón de Ceos, vencedor na carreira pedestre de rapaces, Xogos olímpicos, 452;
  • Oda 7: para o mesmo, vencedor na carreira pedestre de rapaces, Xogos olímpicos, 452;
  • Oda 8: para Liparión de Ceos (?);
  • Oda 9: na honra de Automedes de Flionte, vencedor do péntatlon nos Xogos de Nemea;
  • Oda 10: para Pasias de Atenas, vencedor na carreira pedestre dos Xogos ístmicos, data descoñecida;
  • Oda 11: para Alexidame de Metaponto, vencedor na loita de rapaces nos Xogos délficos, data descoñecida:
  • Oda 12: para Tisias de Égine, vencedor de loita nos Xogos de Nemea, data descoñecida;
  • Oda 13: para Piteas de Égine, vencedor de pancracio de rapaces nos Xogos de Nemea, 483 (?);
  • Oda 14: para Cleoptóleme de Tesalia, vencedor na carreira de carros nos Xogos petreos, data descoñecida;
  • Oda 14b: para Aristóteles de Larisa, vencedor dunha carreira hípica;
  • Oda 15 (Ditirambo 1): os fillos de Antenor, ou Helena recobrada;
  • Oda 16 (Ditirambo 2): Hércules (ou Deianira), para os Délficos;
  • Oda 17 (Ditirambo 3): Teseo;
  • Oda 18 (Ditirambo 4): Teseo;
  • Oda 19 (Ditirambo 5): Io, para os Atenienses;
  • Oda 20 (Ditirambo 6): Idas, para os Espartanos.

Nun dos seus ditirambos introduce por vez primeira na poesía grega un diálogo no que o director do coro se transforma en personaxe, o que se considera un antecedente remoto da primitiva traxedia ática.

A arte de Baquílides é de moito máis fácil acceso que a de Píndaro, o que explica a gran popularidade da que desfrutou na súa época. Mais a ollos da posterioridade foi eclipsado polo seu rival. O estilo de Baquílides é claro e sinxelo, pero detallista, elegante e con habilidade para os motivos mitolóxicos.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]