Banxing
Aparencia
Banxing / BX-1 | |
---|---|
Tipo | Soporte / tecnolóxico |
Data de lanzamento | 25 de setembro de 2008[1] |
Foguete portador | Longa Marcha 2F[2] |
Sitio de lanzamento | Centro espacial de Jiuquan[2][3] |
Obxectivo da misión | Retransmisión de imaxes da misión tripulada Shenzou 7 e probas tecnolóxicas.[2][3] |
Decaemento | 29 de outubro de 2009[1] |
NSSDC ID | 2008-047G |
Masa | 40 kg[2][3] |
Banxing (en chinés: 伴星), tamén coñecido como BX-1, foi un satélite artificial chinés soltado a man desde unha cápsula tripulada Shenzou durante a misión Shenzou 7 o 25 de setembro de 2008.[2][3]
Características
[editar | editar a fonte]Banxing foi soltado durante a misión orbital Shenzou 7 por un dos astronautas da cápsula. O satélite foi usado para tomar imaxes da misión tripulada. Unha vez terminada a misión e regresados os astronautas a terra, Benxing foi usado para probar o voo en formación co módulo orbital da cápsula Shenzou deixado atrás como parte da misión.[2][3]
Poucas horas despois do seu lanzamento, Banxing pasou infrecuentemente preto da Estación Espacial Internacional, levantando especulacións sobre unha posible finalidade como experimento militar.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "BX-1" (en inglés). Consultado o 27 de abril de 2012.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 Gunter Dirk Krebs (2012). Gunter's Space Page, ed. "BanXing" (en inglés). Consultado o 27 de abril de 2012.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 Mark Wade (2011). "BanXing" (en inglés). Consultado o 27 de abril de 2012.