[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Bank of North Dakota

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Bank of North Dakota (BND), en galego Banco de Dacota do Norte, é unha institución financeira propiedade do estado de Dacota do Norte. Fundado en 1919 é o o único banco público dos Estados Unidos e ten a súa oficina principal en Bismarck, a capital do estado.

Manifestante en Wall Street en Nova York, outubro de 2011

A principios do século XX, Dacota do Norte dependía dunha economía baseada na agricultura. Con todo, os labregos sufrían a que a especulación dos intermediarios e os caros empréstitos da banca, fundamentalmente dependente de zonas afastadas a Dacota do Norte como Minneapolis e Chicago[1]. Así na década de 1910 artellaron un movemento reivindicativo co obxectivo de forzar ás institucións públicas a atender á problemática, a Non Partisan League.[2] Esta formación gañou as eleccións estatais de 1918 e un ano máis tarde, co obxectivo de facilitar o crédito barato aos campesiños, creouse o Banco de Dacota do Norte, cun capital de 2 millóns de dólares[1]. A conexión entre os líderes da Non Partisan League e os socialistas americanos fixo que, no momento do seu nacemento, o Banco de Dacota do Norte fose atacado por algúns sectores por consideralo propio do comunismo ou antipatriotico, mais as autoridades do estado mantiveron a institución[3].

Modelo de negocio

[editar | editar a fonte]

O Banco de Dacota do Norte recibe como depósitos o conxunto do recadado polas taxas e impostos recibidos polo estado[4]. Debe contribuír o desenvolvemento agrario, comercial e industrial de Dacota do Norte polo que opta por cobrar xuros máis reducidos ás pemes ou facilitar os créditos para os estudantes universitarios. Ademais, o Banco de Dacota do Norte entrega os seus beneficios ao estado para financiar programas especiais. Calcúlase que dende 1945 o Banco achegou máis de mil millóns de doláres do seu lucro a Dacota do Norte[5].

No contexto da crise económica e financeira que se prolongou de 2007 e 2013, dende distintos sectores louvouse o Banco de Dacota do Norte como un exemplo modélico de banco público[6][7] espertando o interese doutros estados dos Estados Unidos que exploraron a posibilidade de crear institucións semellantes[8].

  1. 1,0 1,1 "History of BND". Bank of North Dakota (en inglés). Consultado o 2021-04-13. [Ligazón morta]
  2. "Origins of the Non Partisan League". STATE HISTORICAL SOCIETY OF NORTH DAKOTA. Consultado o 13-4-2021. 
  3. Hertz, Darren. "Defending the Bank of North Dakota". The BND Story (en inglés). Consultado o 2021-04-13. 
  4. "Dakota do Norte: petróleo e banco público". Página22 (en portugués). 2011-10-07. Consultado o 2021-04-13. 
  5. Hertz, Darren. "First Transfer to General Fund". The BND Story (en inglés). Consultado o 2021-04-13. 
  6. "La banca pública que no existe en Europa". Economistas frente la Crisis. Consultado o 13-4-2021. 
  7. Harkinson, Josh. "How the Nation’s Only State-Owned Bank Became the Envy of Wall Street". Mother Jones (en inglés). Consultado o 2021-04-13. 
  8. Boston, Federal Reserve Bank of (2011-09-26). "The Bank of North Dakota: A Model for Massachusetts and Other States?". Federal Reserve Bank of Boston (en inglés). Consultado o 2021-04-13. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]