Bandeira de Groenlandia
Bandeira de Groenlandia | |
---|---|
Características | |
Uso | |
Proporción | 2:3 |
Adopción | 1 de maio de 1989[1] |
Cores | Vermello Branco |
A bandeira de Groenlandia (groenlandés: Kalaallit erfalasuat, dinamarqués: Grønlands flag) é un dos símbolos oficiais de Groenlandia, e foi deseñada polo nativo groenlandés Thue Christiansen.[2] Represéntanse nela dúas bandas horizontais branca (enriba) e vermella, cun grande disco levemente movido a pouco do centro. A parte superior do disco é vermella, e a inferior branca. A bandeira enteira mide 12 por 18 partes; cada banda mide 6 partes; o disco é dun diámetro de oito partes, horizontalmente desviado 7 partes respecto ó centro, e centrado verticalmente.
O seu nome local en groenlandés é Erfalasorput, que significa "a nosa bandeira", pero Aappalaartoq (que significa "a vermella") é tamén empregada, tanto para a bandeira danesa como para a bandeira groenlandesa. Hoxe en día os groenlandeses colocan tanto a Erfalasorput como a Dannebrog, usualmente a carón unha da outra.
Groenlandia tivo a idea dunha bandeira propia por vez primeira en 1973 cando cinco groenlandeses propuxeron unha bandeira verde, azul e branca. Ó ano seguinte, un xornal solicitou once propostas de deseño (todas pero que unha fose unha cruz nórdica) e preguntoulle á xente para ver cal era a máis popular. A Dannebrog foi a preferida pola gran maioría. De pouco valeu ese esforzo.
Historia
[editar | editar a fonte]En 1978, Dinamarca deulle o autogoberno a Groenlandia, facendo dela un membro en pleno dereito do Reino de Dinamarca. O goberno autónomo fixo unha chamada oficial para propostas de bandeiras, recibindo 555 (das cales 293 foron enviadas por groenlandeses). O comité encargado de tomar a decisión non atopou consenso e fíxose unha nova chamada. Finalmente a actual bandeira deseñada por Christiansen gañou por unha estreita marxe a unha bandeira branca e verde coa cruz nórdica con 14 votos fronte a 11. A bandeira de Christiansen foi adoptada oficialmente o 21 de xuño de 1985.
En honor ó décimo aniversario da Erfalasorput, a Oficina de Correos de Groenlandia lanzou selos conmemorativos e un folleto do seu autor. El describiu a banda branca representando os glaciares e a capa de xeo, que cobre máis do 80% da illa; a banda vermella, o océano; o semicírculo vermello, o sol, coa súa parte de abaixo afundida no océano; e o semicírculo branco, os icebergs e placas de xeo. O deseño lembra tamén a unha posta de sol.
Outras propostas
[editar | editar a fonte]-
A proposta coa cruz nórdica creada por Sven Tito Achen en 1984 que foi derrotado por pouco pola bandeira actual.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Politics in Greenland – Government of Greenland". Arquivado dende o orixinal o 2017-10-15. Consultado o 2014-09-01.
- ↑ "Greenland's flag". Nordic Council. Arquivado dende o orixinal o 15 de marzo de 2012. Consultado o 8 de maio de 2012.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Bandeira de Groenlandia |