[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Bandeira da Cidade do Vaticano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bandeira do Vaticano
Bandeira do Vaticano
Características
Uso
Proporción1:1
Adopción7 de xuño de 1929
Cores     Branco     Amarelo

A bandeira da Cidade do Vaticano consiste en dúas bandas verticais de cores amarelo e branco coas chaves de San Pedro cruzadas e a Tiara Papal centrada na banda branca. É unha das dúas bandeiras estatais cadradas do mundo, sendo a bandeira de Suíza a outra.

A bandeira foi adoptada o 7 de xuño de 1929, o ano no que o papa Pío XI fixo o tratado con Italia, establecendo un novo estado independente gobernado polos Papas, que en 1870 perderan a súa soberanía territorial coa incorporación final a Italia dos anteriores Estados Pontificios, moito máis grandes. A bandeira está dividida en dúas bandas, a metade máis próxima ó mastro é a amarela. O Escudo de armas da Santa Sé atópase na metade branca.

Bandeiras históricas

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]