[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Charles Baudelaire

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Baudelaire»)
Modelo:BiografíaCharles Baudelaire

(1863) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(fr) Charles-Pierre Baudelaire Editar o valor en Wikidata
9 de abril de 1821 Editar o valor en Wikidata
former 11th arrondissement of Paris, Francia (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte31 de agosto de 1867 Editar o valor en Wikidata (46 anos)
París, Francia Editar o valor en Wikidata
Causa da morteSífilis Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio de Montparnasse, 6 Editar o valor en Wikidata
Residenciarue d'Amsterdam (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
RelixiónCatolicismo Editar o valor en Wikidata
EducaciónLiceo Louis-le-Grand
Lycée Saint-Louis (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoPoesía Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpoeta, crítico literario, tradutor, crítico, escritor, ensaísta, tradutor, crítico de arte, xornalista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1844 Editar o valor en Wikidata - 1866 Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoElexía e Decadentismo Editar o valor en Wikidata
MovementoSimbolismo Editar o valor en Wikidata
Influencias
Obra
Obras destacables
Familia
Cónxuxesen valor Editar o valor en Wikidata
ParellaJeanne Duval Editar o valor en Wikidata
PaisJoseph François Baudelaire Editar o valor en Wikidata  e Caroline Archimbaut-Dufays Baudelaire Aupick Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteNordisk familjebok
Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0061667 Allocine: 37038
BNE: XX1721422 Bitraga: 1006 Dialnet: 784175 Musicbrainz: a6985818-3431-4e4f-a7e9-0d375fdb40f1 Discogs: 648051 IMSLP: Category:Baudelaire,_Charles WikiTree: Baudelaire-1 Find a Grave: 66 Editar o valor en Wikidata

Charles Pierre Baudelaire ([ʃaʁl(ə) bodlɛʁ]),[1] nado en París o 9 de abril de 1821 e finado na mesma cidade o 31 de agosto de 1867, foi un dos máis influentes poetas franceses do século XIX.

Orfo de pai en 1827 a súa nai casou cun oficial, educado en Lión e París, descontenta a súa familia coa vida que levaba, en 1841 embarcouno nunha viaxe á India, de volta a Francia instalouse en París e proseguiu coa vida desordenada, entrou nos círculos artísticos e literarios da capital, ao tempo que escandalizaba a cidade coas súas relacións con Jeanne Duval, unha mulata que inspiraría algunhas das súas mellores poesías.[2]

En 1857 publica As flores do mal. As autoridades acúsano de ultraxar a moral pública e prohíbese a difusión do libro. O estilo orixinal de prosa-poesía de Baudelaire influíu nunha xeración de poetas, incluíndo a Paul Verlaine, Arthur Rimbaud e Stéphane Mallarmé. Acuñou o termo modernidade (modernité) para designar a experiencia fugaz da vida nunha metrópole urbana, e a responsabilidade da expresión artística para plasmar esa experiencia.[3] Marshall Berman considerou a Baudelaire como o primeiro modernista.[4]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Baudelaire naceu en París o 9 de abril de 1821. O seu pai, Joseph François Baudelaire, ex-sacerdote, antigo preceptor, foi tamén profesor de debuxo, pintor e funcionario xefe do Despacho do Senado de Francia (cámara alta do parlamento de Francia). Joseph ensinoulle as primeiras letras. Cando naceu Charles, o seu pai tiña a idade de sesenta anos, e xa tiña outro fillo, Claude Alphonse, froito do seu primeiro matrimonio. A súa nai foi Caroline Archimbaut-Dufays, quen non chegaba aos trinta anos ao nacer Baudelaire. Era filla de emigrantes franceses que emigraran a Londres durante a revolución de 1793. Foi ela a que lle ensinou Inglés de cativo.

Foi criado pola serventa da familia chamada, Mariette, coñécese moi pouco sobre ela pero intúese que debeu ter un gran peso na familia. Baudelaire lémbraa nun poema da súa obra As flores do mal.

Joseph François Baudelaire faleceu en 1827, cando Charles tiña seis anos. Deixou unha pequena herdanza. A súa nai mudou de residencia e, aos vinte meses, Caroline casou por conveniencia con Jacques Aupick, un veciño seu de corenta anos que chegaría a ser xeneral comandante da praza forte de París. É probable que fosen amantes antes de contraeren matrimonio. Baudelaire con iso recibiu un grande impacto emocional, vivíndoo como un abandono. Nunca chegou a ter boas relacións con Aupick.

Tralas xornadas revolucionarias de 1830, Aupick foi ascendido a tenente coronel pola súa participación na campaña de Alxeria. Dous anos máis tarde foi nomeado xefe do Estado Maior e trasládase coa súa familia a Lión; alí permaneceron catro anos, estudando Baudelaire no Collège Royal de Lyon, de cuxo ambiente non gardara bos recordos. Alí o futuro poeta aburríase e tentaba escapar do seu peche.

A súa nai, impregnándose da personalidade de Aupick, fórase volvendo cada vez máis ríxida e puritana. No 1836 o seu marido ascendeu a xeneral do Estado Maior. Daquela voltan a París, onde Baudelaire é internado no Collège Louis-lle-Grand; onde ía permanecer durante dous anos e medio. Nesa época le a Sainte-Beuve, a Chenier e Musset, a quen máis tarde vai criticar. Alí consegue o título de bacharelato superior mais, por unha falta aínda descoñecida, foi expulsado.

Xuventude

[editar | editar a fonte]

Baudelaire levaba unha vida en oposición aos valores burgueses encarnados pola nai e o padrasto. Para Aupick a vida de bohemia de Baudelaire era un escándalo, enviouno de viaxe cara ás Indias, periplo que rematou nas illas Mascareñas en 1841.

Un dandi díscolo

[editar | editar a fonte]

De volta en París, apaixónase por Jeanne Duval, moza mulata, coa cal coñecerá os encantos e as amarguras da paixón. Dandi endebedado, pasa baixo tutela xudicial, e coñece, dende 1842, unha vida disoluta. Empeza entón a compoñer varios poemas das Flores do mal. Crítico de Arte e xornalista, defende en Delacroix o representa do romanticismo en pintura, e tamén Balzac cando o autor da Comedia humana é atacado dunha maneira ben fata e caricaturizado pola súa paixón das cifras ou pola súa presuposta perversidade.

Na Revolución Francesa de 1848 tomou parte nas barricadas.

Baudelaire foi poeta, crítico de arte e tradutor.

Baudelaire proclama querer liberar a estética de toda consideración moral ou ética e nisto procede unha transformación radical coa estética dominante e renova en profundidade os motivos poéticos. Nos seus poemas intentou tecer e demostrar os lazos entre o mal e a beleza, a felicidade e o ideal inaccesible, a violencia e a voluptuosidade , entre o poeta e o lector, entre os artistas das diferentes épocas. En paralelo escribiu poemas graves ou escandalosos nesa época , expresou a melancolía e o desexo de ir alén . Extirpou a beleza do horror.

Rexeita o realismo e o positivismo dos cales é contemporáneo, Baudelaire sublima a sensibilidade e intenta acadar a verdade esencial, a verdade humana do universo.

Como obra romántica, a poesía de Baudelaire testemuña da pasada do horror á éxtase e da éxtase o horror, estas impresións xorden nel do sentimento profundo da maldición que pesa sobre a criatura humana dende a caída orixinal.

  1. "Baudelaire". Merriam-Webster.
  2. Norwich, John Julius (1985–1993). Oxford illustrated encyclopedia. Judge, Harry George., Toyne, Anthony. Oxford [Inglaterra]: Oxford University Press. p. 38. ISBN 0-19-869129-7. OCLC 11814265. 
  3. "By modernity I mean the transitory, the fugitive, the contingent which make up one half of art, the other being the eternal and the immutable." Charles Baudelaire, "The Painter of Modern Life" in The Painter of Modern Life and Other Essays, edited and translated by Jonathan Mayne. Londres: Phaidon Press, 13.
  4. ""If we had to nominate a first modernist, Baudelaire would surely be the man."" Marshall Berman, "Everything That Is Solid Melts Into Air"
  5. "O Spleen de París. Pequenos poemas en prosa". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2022-01-26. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]