Bath Rugby
Nome | Bath Rugby Football Club | ||
---|---|---|---|
Fundación | 1865 | ||
Sede | Bath | ||
Estadio(s) | Recreation Ground | ||
Capacidade | 12,300 espectadores | ||
Presidente | Bruce Craig | ||
Adestrador | Mike Ford | ||
Capitán | Stuart Hooper | ||
Liga(s) | Aviva Premiership | ||
2015/16 | - | ||
| |||
Na rede | |||
http://www.bathrugby.com | |||
Bath Rugby é un club profesional de rugby, con sede na cidade inglesa de Bath, que compite na máxima categoría do rugby inglés, a Aviva Premiership. O club disputa os seus partidos como local no Recreation Ground.
Historia
[editar | editar a fonte]O club foi fundado no ano 1865, o que o converte nun dos clubs máis antigos que existen aínda hoxe. Durante as súas primeiras décadas adoitaba enfrontarse a clubs veciños, ou do próximo Gales. No século XX fixo as súas primeiras saídas a Francia para xogar fronte a clubs do país galo. Coa creación da primeira competición oficial en Inglaterra a comezos dos anos 70, a copa inglesa, hoxe chamada Anglo-Welsh Cup, Bath Rugby achou a súa oportunidade para estrear palmarés.
A época dourada do club comezou a mediados dos 80, cando Bath Rugby conquistou en 4 ocasións a Copa Inglesa entre os anos 1984 e 1987. Volveu gañar o torneo nos anos 1989, 1990, 1992, 1994, 1995 e 1996.
Cando se creou a competición de liga a finais dos 80, Bath Rugby rematou 4º na súa primeira edición, pero ó seguinte ano, en 1989, si obtivo o seu primeiro título de campión inglés de liga. En 1990 rematou 3º, pero despois encadeou 4 campionatos seguidos entre 1991 e 1994. En 1996 logrou o seu 6º título de liga.
A mediados dos anos 90 o mundo do rugby emprendeu o reto da profesionalización do deporte. En 1995 creouse en Europa un campionato europeo de clubs, a Heineken Cup, por iniciativa das federacións que participaban no torneo das 5 nacións. Bath Rugby conseguiu coroarse como campión de Europa no ano 1998, ó derrotar na final por 19 a 18 ó Brive francés, campión no ano anterior. Era o primeiro club inglés campión de Europa.
Por aquel entón o palmarés nacional e europeo de Bath Rugby lideraba a clasificación dos clubs ingleses. Na súas ringleiras había estrelas como Jeremy Guscott, Mike Catt, Andy Robinson ou Phil de Glanville entre outros, pero dende entón o club non volveu ser o club dominador que foi durante 15 anos nos anos 80 e 90.
Na tempada 2007/08, 10 anos despois do seu derradeiro título, Bath Rugby logrou gañar na final da European Challenge Cup, a segunda competición continental, derrotando ós Worcester Warriors por 24 a 16. Era a terceira final que disputaba nesa competición, perdendo nas 2 anteriores, fronte a London Wasps en 2003 e fronte a Clermont en 2007.
Bath Rugby xoga os seus partidos como local no pequeno estadio The Recreation Ground, coñecido como The Rec, en Bath, onde collen unhas 12 300 persoas. O estadio construíuse en 1894, e o club está pensando amplialo ou construír un novo estadio nas aforas da cidade onde se poidan sentar cando menos 20 000 seareiros.
Ademais dos xogadores antes nomeados, en Bath Rugby teñen xogado grandes estrelas do rugby como Iain Balshaw, Steve Borthwick, Mike Tindall, Jason Robinson, Ieuan Evans, Olly Barkley, Danny Grewcock e outros.
Palmarés
[editar | editar a fonte]Competicións nacionais
[editar | editar a fonte]Competición | Títulos | 2016 | 2015 | 2014 | 2013 | 2012 | 11 | 10 | 09 | 08 | 07 | 06 | 05 | 04 | 03 | 02 | 01 | 00 | 99 | 98 | 97 | 96 | 95 | 94 | 93 | 92 | 91 | 90 | 89 | 88 |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Liga inglesa | 6 | - | 2 | 5 | 7 | 8 | 5 | 4 | 4 | 3 | 8 | 9 | 4 | 1 | 11 | 11 | 3 | 2 | 6 | 3 | 2 | 1 | 2 | 1 | 1 | 1 | 1 | 3 | 1 | 4 |
Competición | Títulos | 2016 | 15 | 14 | 13 | 12 | 11 | 10 | 09 | 08 | 07 | 06 | 05 | 04 | 03 | 02 | 01 | 00 | 99 | 98 | 97 | 96 | 95 | 94 | 93 | 92 | 91 | 90 | 89 | 88 | 87 | 86 | 85 | 84 | 83 | 82 | 81 | 80 | 79 | 78 | 77 | 76 | 75 | 74 | 73 | 72 |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Copa inglesa | 10 | - | F | C | C | C | C | C | C | C | C | C | C |
- Na táboa da liga, o número indica a posición final ó remate da tempada regular. En vermello, ano no que foi campión.
- Na táboa da copa, o "C" en vermello indica o ano no que foi campión, e o "F" indica o ano no que foi finalista.
Competicións continentais
[editar | editar a fonte]Competición | Títulos | 2016 | 15 | 14 | 13 | 12 | 11 | 10 | 09 | 08 | 07 | 06 | 05 | 04 | 03 | 02 | 01 | 00 | 99 | 98 | 97 | 96 |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Copa de Campións Europea de Rugby Copa de Europa | - | ¼ | 1 | g | g | g | ¼ | ½ | g | ¼ | g | g | C | ¼ |
Competición | Títulos | 16 | 15 | 14 | 13 | 12 | 11 | 10 | 09 | 08 | 07 | 06 | 05 | 04 | 03 | 02 | 01 | 00 | 99 | 98 | 97 |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
European Rugby Challenge Cup Challenge Cup | 1 | F | ¼ | C | C | F | ½ | F |
- C = Campión; F = Finalista; ½ = Semifinalista; ¼ = Cuartofinalista; g = Caeu na fase de grupos.
Tempada actual
[editar | editar a fonte]
| |||||||||||||||
Posto | Equipo | Puntos | Xogados | Gañ. | Emp. | Per. | BO | BD | |||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1º | Saracens | 37 | 9 | 8 | 0 | 1 | 4 | 1 | |||||||
2º | Exeter | 34 | 9 | 7 | 0 | 2 | 4 | 2 | |||||||
3º | Harlequins | 31 | 9 | 6 | 1 | 2 | 3 | 2 | |||||||
4º | Leicester | 29 | 9 | 7 | 0 | 2 | 1 | 0 | |||||||
5º | Northampton | 22 | 9 | 4 | 0 | 5 | 1 | 5 | |||||||
6º | Wasps | 20 | 9 | 4 | 0 | 5 | 2 | 2 | |||||||
7º | Gloucester | 20 | 9 | 4 | 1 | 4 | 1 | 1 | |||||||
8º | Sale | 17 | 8 | 3 | 1 | 4 | 1 | 2 | |||||||
9º | Bath | 17 | 8 | 3 | 0 | 5 | 1 | 3 | |||||||
10º | Worcester | 10 | 9 | 2 | 0 | 7 | 1 | 3 | |||||||
11º | Irish | 8 | 9 | 2 | 0 | 7 | 0 | 0 | |||||||
12º | Newcastle | 7 | 9 | 1 | 1 | 7 | 0 | 1 | |||||||
<<<< 2014/15 — Tempadas — 2016/17 >>>> En verde os equipos en play offs (1º, 2º, 3º e 4º). |
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial (en inglés)
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Bath Rugby |